A cociña de Larpeiros. 150 receitas

A cociña de Larpeiros. 150 receitas

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788498652024
Any d'edició:
Matèria
GASTRONOMIA
ISBN:
978-84-9865-202-4
Pàgines:
180
Enquadernació:
TAPA DURA
idioma:
GALEGO
Ample:
170
Alt:
200
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
SIN COLECCION

22,60 €

IVA inclòs

A riqueza e variedade da cociña tradicional galega é a base da que parte Benigno Campos para elaborar 150 receitas de cociña no seu libro  A cociña de Larpeiros. O popular cociñeiro do programa Larpeiros, da Televisión de Galicia, propón un percorrido saboroso pola cociña galega de sempre, tradicional e sinxela, á que engade unha achega persoal en cada un dos pratos propostos e a recomendación dun viño axeitado para os acompañar. O libro vai precedido dun limiar do escritor Xosé Cermeño e ponlle cabo o epílogo do xornalista Tomás Alonso. O saber culinario de Benigno Campos Melón vénlle de Chapela, o  barrio que une Vigo con Redondela, ao pé da ría, onde medrou entre os  sacos, as latas e os aromas do negocio familiar de ultramarinos, e onde tivo un forno de pan a poucos pasos da súa porta e xogou nunha praia rica en ameixas, berberechos e beretes, lindante con leiras de leitugas e patacas. Logo, Benigno Campos acabou de facerse no Vigo fabril e sindicalista: traballou mirando ao mar para o que miran os estaleiros, as conserveiras, os naseiros, as redeiras, os bateeiros, as mariscadoras. Tal como afirma Xosé Cermeño no prólogo do libro, "Os  receitarios son comunmente lembrados polo nome dos seus autores, máis  que polo seu título. Falamos do Picadillo, ou do Simone Ortega, ou do  Escoffier. Seguramente falaremos no futuro deste libro como o Benigno, o receitario que compilou unha cociña popular, apegada á terra e á memoria". Un libro de receitas que é útil á vez que gorentoso, que pola súa utilidade aproveita para cociñar e tamén aproveita ao padal. O mester da cociña, amais de innovar e experimentar, cómpre que conserve os sabores, texturas e recendos que constitúen a base da memoria gastronómica galega. A que fai lembrar aqueles guisos sólidos, cabais, condimentados con fidelidade aos sabores da infancia e do país. Por esa razón, A cociña de Larpeiros é un libro honesto, no que a cociña propia de Galicia se arrequenta coa doutras tradicións foráneas.
 Velaquí unha selección de receitas que Benigno Campos nos presenta tentando cubrir a demanda dun gran número de seguidores do programa da  Televisión de Galicia, "Larpeiros".

Altres llibres de l'autor a Llibreria Forum Babel

Matèria a Llibreria Forum Babel

  • La guia culinaria
    Titulo del libro
    La guia culinaria
    Escoffier
    Independently published
    No disponible

    72,80 €

  • Cocina rapida
    Titulo del libro
    Cocina rapida
    AA.VV
    Ngv vemag-verlags
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias..)

    4,95 €

  • COMER CON LOS OJOS-VIAJE CULINARIO
    Antic
    Titulo del libro
    COMER CON LOS OJOS-VIAJE CULINARIO
    Nº 144
    VAZQUEZ SALLES, DANIEL
    Rba libros
    El cine nos ha dado mucho, estamos en deuda con él. La cocina nos ha dado grandes placeres, estamos en deuda c...
    DISPONIBLE (Lliurament en 3-4 dias)

    15,00 €

  • Defectos del vino
    Titulo del libro
    Defectos del vino
    Reinhard, Eder
    Acribia
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    25,00 €

  • Fogons de lleida, els
    Titulo del libro
    Fogons de lleida, els
    Morell I Bitria, Josep M.
    Pages editors
    Els fogons de Lleida és un fenomen editorial de primera magnitud entre  els llibres de cuina. Publicat en la s...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    20,00 €

Galaxia a Llibreria Forum Babel

  • Lourenzá
    Titulo del libro
    Lourenzá
    Nº 2
    Fernández del Riego, Francisco
    Galaxia
    LETRAS GALEGAS 2023 Lourenzá é unha historia rememorativa onde Francisco Fernández del Riego conta o qu...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    17,45 €

  • Marcelo o morcego
    Titulo del libro
    Marcelo o morcego
    Fraga Cameán, Beatriz
    Galaxia
    Paseniño, irá poñéndose verde, e verde e máis verde. Unha historia moi  divertida sobre como un morcego po...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    8,50 €

  • Narrativa reunida 1991-2001
    Titulo del libro
    Narrativa reunida 1991-2001
    Nº 501
    Villalta, Luísa
    Galaxia
    Narrativa reunida (1991-2001) recupera os tres títulos que Luísa Villalta deu ao prelo: Silencio, ensaiamos (...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    21,90 €

  • A cociña dos Cunqueiro
    Titulo del libro
    A cociña dos Cunqueiro
    Gonzalez-Seco Seoane, Elvira
    Galaxia
    Pratos das décadas dos anos sesenta, setenta e oitenta do século XX da  cociña tradicional galega e español...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    21,75 €

  • As mulleres do monte
    Titulo del libro
    As mulleres do monte
    Nº 38
    Gurriaran, José Antonio
    Galaxia
    Investigación que iniciou para completar as lembranzas da súa infancia  no Barco de Valdeorras, onde eran fre...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    29,30 €