A cruz de salgueiro

A cruz de salgueiro

Editorial:
Xerais
EAN:
9788475077956
ISBN:
978-84-7507-795-6
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS

12,40 €

IVA inclòs

Xesús Rodríguez López (Lugo, 1859-1917), médico de profesión, estivo especialmente preocupado por atinguir dous obxetivos esenciais na súa obra: dunha parte, o seu empeño diríxese a conseguir a transcrición máis fidedigna dos costumes e dos ambientes para trazar unha imaxe realista da vida galega do seu tempo; doutra, esa mesma fidelidade determínao a escribir nun galego no que léxico e sintaxe reflicten transparentemente a linguaxe cotiá dos campesiños.Escritor realista, pois, é autor de poemas, cadros de costumes, contos e mesmo pezas de teatro. Sen embargo, a súa sona nas nosas letras vén especialmente determinada por unha novela longa: A cruz do salgueiro (1899). Situada  en espacios extragalegos, presenta unha decidida abundancia de acontecementos e ambientes, descritos con concisión. A cruz do salgueiro acada voz propia por constituír un decisivo paso adiante no emprego do idioma en calquera circunstancia, co que a narrativa galega  camiña rectamente no proceso da súa plena normalización.

Xerais a Llibreria Forum Babel