A retirada de sir John Moore

A retirada de sir John Moore

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483027721
Any d'edició:
Matèria
LITERATURA INFANTIL: DE 0 A 12 ANYS
ISBN:
978-84-8302-772-1
Pàgines:
48
Enquadernació:
TAPA DURA
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
COMICS

15,55 €

IVA inclòs

Nos derradeiros días do ano 1808 Sir John Moore, xefe das tropas expedicionarias británicas que operaban na península, decide retirarse  á Coruña e embarcar para Inglaterra ante a ameaza de Napoleón, que o persegue pola meseta á fronte dun temible exército. A retirada de Sir John Moore foi tan censurada como eloxiada polos seus propios compatriotas. Para uns, non foi máis ca unha covardía, propia dun xeneral indeciso; para outros, en cambio, foi unha manobra perfecta da  arte militar. Sir Jonh Moore morreu na Coruña polas feridas que lle abriu unha granada de canón na batalla de Elviña, onde, segundo se dixo, ocupou sempre os postos máis arriscados. Este feito gravouse na memoria dos galegos, que viron no xeneral inglés o ideal heroe romántico, morto lonxe da súa terra defendendo unha causa nobre. Rosalía de Castro dedicoulle un apaixonado poema.A retirada de Sir John Moore dá conta dalgúns dos episodios que sucederon naquela Galicia das guerras Napoleónicas. O argumento do libro xira arredor da  peripecia de Teixugo, un arrieiro galego que anda polas terras leonesas, que dá de fociños con dous exércitos -o inimigo frances capitaneado polo mariscal Soult e o aliado británico dirixido polo teimoso, valente e disciplinado Sir John Moore- que lle requisan respectivamente as mulas e o cargamento de sardiñas que transporta. Ante tan ruinosa situación, Teixugo retorna a Galicia e únese ao abade  da súa parroquia, capitán dunha partida de espontáneos guerrilleiros.  O abade ordena de contado recuperar mulas e sardiñas, pois a Igrexa ten, como se sabe, o dez por cento nestes negocios. Mais forza tan cativa, aínda contando coa inestimable axuda de Deus, non é quen de se  impor a exércitos tan potentes. Finalmente, baixo o racional e ilustrado consello da súa tía, Teixugo e a súa cuadrilla recorren á astucia para recuperaren o roubado, chegando nesta aventura a se meter  mesmo no fragor da batalla de Elviña.

Altres llibres de l'autor a Llibreria Forum Babel

Matèria a Llibreria Forum Babel

Xerais a Llibreria Forum Babel

  • Unha rosa é unha rosa
    Titulo del libro
    Unha rosa é unha rosa
    De Toro, Suso
    Xerais
    "Unha rosa é unha rosa (Unha comedia de medo)" é unha traxicomedia onde non falta nin o humor, nin a aceda cr...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    12,95 €

  • A voz do vento
    Titulo del libro
    A voz do vento
    Nº 351
    Bouzas, Pemón
    Xerais
    A principios do século XVII a vila de Cangas do Morrazo faise célebre porque varias das súas veciñas son le...
    No disponible
  • A gaita gallega
    Titulo del libro
    A gaita gallega
    Pintos, Xoán Manuel
    Xerais
    A gaita gallega tocada polo gaiteiro, ou sea carta de Cristus para ir deprendendo a ler, escribir e falar ben a...
    No disponible

    22,95 €

  • Peixes do mar de Galicia I
    Titulo del libro
    Peixes do mar de Galicia I
    Vázquez, Xavier;Rodríguez Villanueva, Xosé L.
    Xerais
    A cultura do mar pasa, irremediablemente, pola identificación, coñecemento, amor e estudio dos seus principai...
    No disponible

    25,10 €

  • Eu tamén son maniática
    Titulo del libro
    Eu tamén son maniática
    McPherson, Ann / Macfarlane, Aidan
    Xerais
    No disponible

    9,00 €