A velocidade do frío

A velocidade do frío

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483020685
ISBN:
978-84-8302-068-5
Pàgines:
130
idioma:
GALEGO
Ample:
130
Alt:
210
Disponibilitat:
DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)
Col·lecció:
NARRATIVA

17,95 €

IVA inclòs
Comprar

A velocidade do frío é unha novela feita sen contemplacións, que pode tanto resultarlle aborrecible ó lector nunha primeira aproximación como doada e comprensible, pero dificilmente, en ningún dos casos, vai  provocar indiferencia, porque as súas voces, as voces que se van facendo cargo do relato ó longo das 296 páxinas, sexan as dos protagonistas principais en forma de monólogo interior, ou sexa a do narrador en terceira persoa omnisciente -na segunda parte da novela- resoan todas, como di o propio Seixas, dende un recanto interior, autente, visceral e, dende logo, nada frío.Esta novela foi escrita sen  filtros formais, de xeito que o seu autor aborda unha historia singular, especialmente orixinal, sen preocuparse de cometer excesos nas recorrencias expresivas, procurando o cerne das accións e reflexións dos seus personaxes mesmo a expensas de calquera estilo previsible ou supostamente correcto e decoroso. Aquí vaise ó directo sen miramentos. Aquí nárrase unha historia, que impregna a mente do lector con imaxes ben definidas, aínda que, por suposto, abertas á recreación personalizada.En A velocidade do frío hai moito instinto criminal e polo tanto moita culpa, porque, de partida, os seres humanos viven na frustración, atrapados polas turbias consecuencias do  seu baleiro interior e dos seus impulsos irracionais. Os únicos que non sofren por darlle satisfacción ó seu instinto asasino -maquinal- son o coches, que aparecen nesta novela como seres malignos dotados dunha vontade allea a toda moral. Pero quizais os coches, inimigos dos  seres humanos, non sexan outra cousa que a expresión dun estilo de vida baseado no consumo, na supervivencia individual egoísta e insolidaria, na crúa oposición de intereses materiais, no culto ás aparencias e na falta total de sentimentos.

Altres llibres de l'autor a Llibreria Forum Babel

Xerais a Llibreria Forum Babel

  • Bertiño Rompetodo
    Titulo del libro
    Bertiño Rompetodo
    Caride, Ramón
    Xerais
    Bertiño é un neno trasto, sempre que quere facer algo remata rompendo todo. Fai a merenda e a cociña remata ...
    No disponible

    8,65 €

  • (G).(08).LINGUA LIT.GALEGA 1O.BACHARELATO
    Titulo del libro
    (G).(08).LINGUA LIT.GALEGA 1O.BACHARELATO
    Iglesias Álvarez, Ana;Moo Pedrosa, Xosé Manuel;Pena Sánchez, Xosé Ramón;Rodríguez Rodríguez, Anaír;Rosales Cereijo, Manuel
    Xerais
    No disponible

    36,80 €

  • O Señor dos Aneis II
    Titulo del libro
    O Señor dos Aneis II
    Tolkien, J. R. R.
    Xerais
    O Señor dos Aneis trata principalmente dos hobbits, e nas súas páxinas  o lector descubrirá moito sobre o s...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    19,95 €

  • A pantasma de Canterville
    Titulo del libro
    A pantasma de Canterville
    Wilde, Oscar
    Xerais
    A pantasma de Canterville, que lle dá título o volume é, amais dunha historia de pantasmas, un intelixente e...
    No disponible

    7,00 €

  • Os sons da lingua
    Titulo del libro
    Os sons da lingua
    ´Regueira, Xosé Luís (Coor. ) / Dubert García, Francisco / Novo Folgueira, Ramón
    Xerais
    Este manual é un instrumento para a aprendizaxe, a práctica e operfecionamento da pronunciación da lingua ga...
    No disponible

    29,80 €