Ámote vermella

Ámote vermella

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497829533
Any d'edició:
Matèria
LITERATURA
ISBN:
978-84-9782-953-3
Pàgines:
168
Enquadernació:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
idioma:
GALEGO
Ample:
145
Alt:
185
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
SIN COLECCION

21,05 €

IVA inclòs

Con Amote vermella, o poeta Claudio Rodríguez Fer conclúe a súa triloxía poética sobre a memoria histórica iniciada con Lugo blues e proseguida con A loita continúa (Xerais 2004). Este poemario elexíaco,  ilustrado pola pintora Sara Lamas, está organizado en tres partes: I.  "No corazón da besta"; II. "Na besta do corazón" e III. "Memoria contra a morte". Na primeira parte, a máis extensa do libro o poeta e a pintora homenaxean a todas as mulleres vítimas da barbarie do 36, esquecidas entre os esquecidos. Así recupérase a memoria e o rostro das mulleres libertarias asasinadas en Galicia, como Josefa Barreiro González, nai humilde ou Dolores Blanco Montes, a voz das conserveiras  e atadeiras do Morrazo. Outrosí faise con Juana Capdevielle, secuestrada tras ser fusilado o seu marido, Francisco Pérez Carballo, gobernador republicano da Coruña, e asasinada e enterrada en Rábade o 18 de agosto de 1936. Elexía pronunciada na lembranza de Amada García,  fusilada en Ferrol o 27 de xaneiro de 1938, tras despedirse do seu pai, do seu marido e do seu fillo, acabado de nacer. Homenaxe que se estende ás mestras represaliadas (como María Vázquez Suárez, Mercedes Romero Abella ou a ourensá Erundina Alvarez Pérez), ás matronas republicanas, ás decenas de mulleres descoñecidas que agocharon a fuxidos e pagaron coa súa vida por isto ou a todas as mulleres que tolearon de dor durante aqueles anos da represión. Na segunda e terceira parte, o poeta homenaxea as súas voces filiais máis queridas.  Amote vermella é un berro emocionante contra o exterminio atroz daquelas vidas desfeitas, contra o esquecemento inxusto e o silencio cómplice no que se mantivo a estas vítimas do fascismo, ao tempo que cosntitúe un chamado en solidariedade con todas as comunidades do mundo que padecesen calquera ditadura do terror.

Altres llibres de l'autor a Llibreria Forum Babel

  • Valente epistolar
    Titulo del libro
    Valente epistolar
    Rodríguez Fer, Claudio
    Usc.univ.santiago compostela
    La numerosa correspondencia que se custodia en la Cátedra José Ángel Valente de Poesía y Estética de la Un...
    No disponible
  • Comentarios de textos populares e de masas
    Titulo del libro
    Comentarios de textos populares e de masas
    Rodriguez Fer, Claudio / Ed. Lit.
    Xerais
    Claudio Rodríguez Fer reuniu neste libro un conxunto de esclarecedores  comentarios de textos literarios galeg...
    No disponible

    19,20 €

  • A Galicia misteriosa de Anxel Fole
    Titulo del libro
    A Galicia misteriosa de Anxel Fole
    Rodríguez Fer, Claudio
    Do castro
    No disponible

    5,00 €

  • Desde mis poemas
    Titulo del libro
    Desde mis poemas
    Rodríguez Fer, Claudio
    Catedra
    No disponible

    10,80 €

  • Acometida atlántica
    Titulo del libro
    Acometida atlántica
    Rodríguez Fer, Claudio
    Do castro
    No disponible

    13,00 €

Matèria a Llibreria Forum Babel

Xerais a Llibreria Forum Babel