Arraianos

Arraianos

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497821285
ISBN:
978-84-9782-128-5
Pàgines:
200
Enquadernació:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
idioma:
GALEGO
Ample:
145
Alt:
220
Disponibilitat:
DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)
Col·lecció:
NARRATIVA

20,50 €

IVA inclòs
Comprar

A lectura de Arraianos ponnos a ollada e a imaxinación sobre un territorio, nas concas do Limia e do Arnoia, contra as serras do Xurés  e Laboreiro, para moitos descoñecido; un mundo a trasmán, separado de  todo, tanto de Galicia como de Portugal, habitado por xente distinta e misteriosa que sente a fronteira administrativa como un absurdo, incapaz sen embargo de borrar a conexión histórica e cultural entre os  dous lados da raia. A recreación literaria deste espacio humano e xeográfico, adquire perspectiva e profundidade no percorrido da ficción a través de tempos  e momentos históricos diferentes: a rebeldía romántica do Exclaustrado de Diabelle contra a cesión do Couto Mixto á Coroa española a mediados do XIX; a imposición ideal das autoridades republicanas en Ourense sobre os sublevados o 18 de xullo do 36; a violencia asasina das cuadrillas falanxistas nos primeiros anos da posguerra ou a persecución e captura de militantes galegos antifranquistas nos anos sesenta. O servicio dunha relativa unidade temática, pretendida na común referencia espacial do conxunto, Méndez Ferrín emprega técnicas narrativas -ritmos, puntos de vista, construccións- moi diversas, ademais de facer un uso intencionado de formas dialectais do galego arraiano ou mesmo portugués estándar. Un arraiano, de Vilanova dos Infantes, non podía ser de outra forma, lévanos deica terras escravas onde a xente mira con ollos vacunos e avultados. Xente coa que, por algunha razón, é preciso ter moito coidado.

Altres llibres de l'autor a Llibreria Forum Babel

Xerais a Llibreria Forum Babel

  • Os nosos versos
    Titulo del libro
    Os nosos versos
    Pondal, Eduardo / Garcia Teijeiro, Antonioteijei
    Xerais
    Poemas escritos para denunciar inxustizas, iluminar sombras, reivindicar vellos soños, expresar amor ou desamo...
    No disponible

    9,95 €

  • Dos tempos sombrizos
    Titulo del libro
    Dos tempos sombrizos
    Salgado García, Daniel
    Xerais
    Dos tempos sombrizos é un libro de poemas sobre o medo. Sobre un medo ás veces concreto e ás veces difuso. S...
    No disponible

    14,50 €

  • Cicuta para dous
    Titulo del libro
    Cicuta para dous
    Leira, Rocío
    Xerais
    «Búscase persoa curiosa para resolver crime que aínda non se cometeu.»  A aparición desta mensaxe na secci...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    13,50 €

  • Dicionario visual
    Titulo del libro
    Dicionario visual
    Vico, Josep
    Xerais
    Un dicionario cheo de imaxes a toda cor que representan escenas da vida cotiá. Organizado en dobres páxinas e...
    No disponible

    20,95 €

  • Muros de aire
    Titulo del libro
    Muros de aire
    Nº 377
    Alfaya, An
    Xerais
    Cora e Fidel manteñen unha relación afectiva chea de espazos grises e comparten a dirección dun gabinete soc...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    20,95 €