Arrepíos e outros medos

Arrepíos e outros medos. Historias galegas de fantasmas e de terror

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497821940
Any d'edició:
Matèria
LITERATURA CL?SICA
ISBN:
978-84-9782-194-0
Pàgines:
168
Enquadernació:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
idioma:
GALEGO
Ample:
145
Alt:
220
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
LENDAS DE GALICIA

"Arrepíos e outros medos" recolle cen historias de terror e fantasmas tiradas da tradición oral galega. Con este volume os autores, Xosé Miranda e Antonio Reigosa, inician un novo camiño na reelaboración da literatura oral: o das lendas de Galicia. A lenda é un relato oral breve (cando menos nun principio) que toca crenzas da sociedade en que  se conta, na que a veces aflora a presenza de seres míticos, e narrado sempre coa intención de que sexa crido. A lenda leva, á par do  argumento, algúns motivos que a fagan verosímil: un lugar concreto, próximo ou coñecido, e uns protagonistas relacionados co narrador ou co oínte, que serven de testemuñas de que o que se narra non é unha invención. A lenda, pois, aínda que poida repetirse nun e noutro sitio, está moi vencellada a un lugar. O presente volume, primeiro da colección LENDAS DE GALICIA de Edicións  Xerais de Galicia, ten como fío condutor a presenza do medo, unha das  emocións primixenias e máis fortes do ser humano. Lendas onde están presentes lobos, bruxas, demos e trasnos, homes do saco, ánimas fantasmas e outros terroríficos individuos que teñen por función advertir dos riscos que se poden correr en determinados lugares, sexan  camiños perigosos, fragas e bosques ou evitar a posible mala influenza de determinadas persoas. Cen lendas galegas reelaboradas e reescritas, a partir de testemuños orais, que pretende que o lector de  hoxe goce coa experiencia literaria do medo.

Altres llibres de l'autor a Llibreria Forum Babel

  • Contos de parvos e pillos, I
    Titulo del libro
    Contos de parvos e pillos, I
    Miranda Ruiz, Xosé / Reigosa Carreiras, Antonio
    Xerais
    No disponible

    10,00 €

  • Diccionario de los seres míticos gallegos (Cast.)
    Titulo del libro
    Diccionario de los seres míticos gallegos (Cast.)
    Cuba, Xoán R.;Miranda, Xosé;Reigosa, Antonio
    Xerais
    Con el rigor de un diccionario y el hechizo de una novela apasionante,  este libro constituye una de las más i...
    No disponible

    38,20 €

  • Contos colorados
    Titulo del libro
    Contos colorados
    Cuba, Xoán R.;Reigosa, Antonio;Miranda, Xosé
    Xerais
    Estes Contos colorados son unha mostra ampla, seria, competente e representativa das narracións eróticas da t...
    No disponible

    47,10 €

  • Contos marabillosos IV
    Titulo del libro
    Contos marabillosos IV
    Miranda Ruiz, Xosé / Reigosa, Antonio / Cuba, Xoán Ramiro
    Xerais
    No disponible

    10,00 €

  • Contos marabillosos II
    Titulo del libro
    Contos marabillosos II
    Miranda Ruiz, Xosé / Reigosa, Antonio / Cuba, Xoán Ramiro
    Xerais
    No disponible

    10,00 €

Matèria a Llibreria Forum Babel

Xerais a Llibreria Forum Babel