Así canta Galicia

Así canta Galicia. A Galicia polifónica en dous cambios de século

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483025437
ISBN:
978-84-8302-543-7
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
CRONICA

29,00 €

IVA inclòs

As máis de 200 agrupacións corais existentes en Galicia, que agrupan hoxe en día a máis de sete mil persoas, traballadores anónimos e constantes que non regatean esforzos e repiten unha e outra vez nos ensaios ata acadaren o nivel axeitado, son importantes transmisores dun patrimonio cultural musical, insuficientemente valorado e pouco coñecido. Velaí a razón de ser de Así canta Galicia, homenaxear a cada  unha destas agrupacións polifónicas, distribuídas por todo o país, tamén pequenas lumieiras no firmamento cultural de Galicia. Así canta Galicia é o primeiro libro que profundiza na historia e na situación actual das corais, converténdose nunha pequena enciclopedia de consulta obrigada sobre as corais, os orfeóns e os directores das diversas agrupacións existentes en Galicia. Preparado por Nicolás Camino -veterano profesional da Radio Galega, primeira voz en saír ao aire nos micrófonos da emisora autonómica, director dos programas musicais "Asi canta Galicia" e "Concerto popular", e sempre vencellado  ao mundo musical-, o libro complétase cun documentadísimo prólogo do académico Xesus Ferro Ruibal e cun CD que inclúe 19 pezas interpretadas por outras tantas agrupacións. Un documento sonoro, elaborado en boa medida gracias ao arquivo sonoro da Radio Galega, que  constitúe unha magnífica antoloxía da Galicia polifónica en dous cambios de século. Unha obra de referencia para as agrupacións corais e para tódolos afeccionados á música popular.

Xerais a Llibreria Forum Babel

  • Estanislao, príncipe de Sofrovia
    Titulo del libro
    Estanislao, príncipe de Sofrovia
    Lourenzo González, Manuel
    Xerais
    O día do nacemento do príncipe Estanislao sería lembrado para sempre con letras destacadas nos anais do anti...
    No disponible
  • A media hora dos heroes
    Titulo del libro
    A media hora dos heroes
    O Hematocrítico
    Xerais
    Roberto é un neno de sexto de Primaria coa habilidade de pegar uns punteirolos tremendos, e por iso o castigar...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    14,90 €

  • Animalia 3. Azul
    Titulo del libro
    Animalia 3. Azul
    Xosé Tomás
    Xerais
    «Animalia» é un proxecto de banda deseñada protagonizado por animais de diversos hábitats. Historias autoc...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    13,95 €

  • (G).(04).LIBRO DE PEPA 1O.PRIM (LECTURAS GALEGO)
    Titulo del libro
    (G).(04).LIBRO DE PEPA 1O.PRIM (LECTURAS GALEGO)
    Gómez Xurxo, Silvestre
    Xerais
    No disponible

    Consulteu a la nostra
    Llibreria

  • íCantos amigos!
    Titulo del libro
    íCantos amigos!
    Max
    Xerais
    No disponible

    6,70 €