Cantos caucanos

Cantos caucanos

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483029466
Any d'edició:
Matèria
LITERATURA CL?SICA
ISBN:
978-84-8302-946-6
idioma:
GALEGO
Ample:
130
Alt:
190
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS

18,95 €

IVA inclòs

"Cantos caucanos" publicado integramente en 1985, cinco anos despois despois da volta de Antón Avilés da súa estadía durante dezanove anos en Colombia. O poemario, no que o autor expresa a súa saudade polo país americano, a súa segunda patria, -"aquela patria da mocedade", nas súas palabras, foi merecedor do Premio Nacional da Crítica, quedando tamén como finalista no Premio Nacional de Literatura. Como na maior parte da súa obra poética, en "Cantos cucanos" Avilés pretende recobrar as extensas xeografías do Val do Cauca como unha paraíso definitivamente perdido, a través da palabra poética. Na obra,  constituída por tres poemas extensos, organizados en dúas series ("Crónicas", a primeira, e a segunda homónima ao título do poemario), a visión deste paraíso comprende unha ampla franxa temporal que representa inicialmente un ámbito precolombino edénico, logo os horrores da conquista por parte dos españois, algún dos episodios da loita pola independencia, a época contemporánea dos anos vividos en Colombia e a súa posterior lembranza saudosa desde Galicia. Para explicar este proceso de recuperación do xa perdido, empregou Avilés a  figura de Ulises, imprescindible na configuración da súa poética. Para Martín Veiga, responsable da presente edición e autor do extenso estudio biobliográfico que a precede, a sabia utilización que Avilés fixo da súa experiencia americana desenvolvendo un tecido lírico que a  transcende, converten a "Cantos caucanos" "nunha obra única no ámbito  da literatura galega". A incorporación do exotismo, tanto temático como léxico; a ollada atemporal, acaso mítico; a potencia vitalista e a dicción rotunda e sonora; a prodixiosa potencia verbal destes versos; a suntuosidade desta voz, que se demora nunha narratividade historicista propia da nova épica, mesturada igualmente cos matices delicados da poesía lírica e elexíaca, aspectos valorados unanimente pola crítica, fixeron de Cantos caucanos un dos cumes colosais da poesía galega dos anos oitenta.

Altres llibres de l'autor a Llibreria Forum Babel

Matèria a Llibreria Forum Babel

Xerais a Llibreria Forum Babel

  • O SOÑO DO MERLO BRANCO
    Titulo del libro
    O SOÑO DO MERLO BRANCO
    FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
    Xerais
    Grou, o Merlo Vello, ensínalles aos merliños máis novos todo aquilo canto deben saber para sobrevivir. Buleb...
    No disponible
  • (G).(11).LER 2.CARTILLA (XARDIN LETRAS)
    Titulo del libro
    (G).(11).LER 2.CARTILLA (XARDIN LETRAS)
    Campuzano Valiente, María Dolores
    Xerais
    No disponible

    15,95 €

  • Do abrazo
    Titulo del libro
    Do abrazo
    Allegue, Azucena
    Xerais
    Os abrazos son de cor verde e crían bolboretas. Son simbióticos e soan  a ritmo de rock. Veñen sen instruci...
    No disponible
  • Bullying
    Titulo del libro
    Bullying
    Alonso, Álex
    Xerais
    Mergullándose en temas que centran o universo adolescente, como as redes sociais, a homosexualidade e, sobre t...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    13,50 €

  • Ondas de verde e azul
    Titulo del libro
    Ondas de verde e azul
    Fernández Martínez, Ana María
    Xerais
    O longo dos trinta e seis poemas que constitúen o libro, a autora vai describindo asuntos relacionados coa nat...
    No disponible

    8,00 €