Cleta é unha cativa cos ollos verdes coma dúas esmeraldas, unha longa cabeleira da cor do ouro e un corpo que recende a sal. O seu rostro é branco coma a escuma das ondas que rachan ao pé do faro en que vive. E la é a protagonista dunha historia que empezou unha noite de lúa chea, cando unha serea abandonou as profundidades do seu reino para amosarl le á filla o que hai fora da auga.