Contos malvados

Contos malvados

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483022061
ISBN:
978-84-8302-206-1
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
NARRATIVA

11,70 €

IVA inclòs

Contos malvados, é un libro de trece relatos, maiormente breves, que teñen todos eles por fío conductor que os unifica á morte, que vai dende o asasinato, ó vampirismo, pasando polo suicidio.Como en todo bo  libro de relatos, os que aparecen en Contos malvados, o primeiro volume de Borrazás, son ' coma un iceberg, o que lemos é sempre menos que o queda oculto baixo a auga, e outorga intensidade, misterio, forza e significación ó que aboia na superficie.A estudiante  de filosofía que recupera plus valías nas librerías e nos hipermercados, como xeito de obter pracer... O gardacostas que reflexiona sobre a dificultade de protexer o presidente que ten que protexer e como as claves ridículas e absurdas da linguaxe cifrada que  usan acabarán por causar un malentendido ou unha desgracia... O comisario que pretende averiguar quen é Pierre Menard, o personaxe de Borges -a estirpe e a inspiración borxiana aparece en varios dos relatos, especialmente en " Iniciais " e " O poeta el " - despois de recibir un enigmático anónimo... As vodas de ouro dunha parella de xubilados en Puerto de la Cruz, infelizmente rematadas no voo de regreso... As encargas que recibe o mendigo que come latas de callos fríos no cuarto da pensión despois de facer o seu  " traballo " ... O dono da carnicería que parece matar a súa muller meténdoa na cámara frigorífica... A secuestrada que vive nunha cela na que lle sobra espacio cando durme, e xoga ó xadrez magnético cos seus secuestradores, soñando co deserto do Sahara...Contos malvados constitúe un excelente libro de relatos. O que cabería agardar dun narrador que sabe xogar coa ficción e coa realidade, para disfrute do lector.

Altres llibres de l'autor a Llibreria Forum Babel

  • Ser ou non
    Titulo del libro
    Ser ou non
    Borrazás, Xurxo
    Galaxia
    Na novela esborrállanse as fronteiras entre ficción e realidade. Un escritor, sexo en internet, unha aldea ab...
    No disponible
  • La aldea muerta
    Titulo del libro
    La aldea muerta
    Borrazas,Xurxo
    Caballo de troya
    Reescrita en castellano desde su versión original gallega, Si ou non ,  esta novela sobre el paso del tiempo y...
    No disponible
  • Arte e parte. Dos patriarcas á arte suicida
    Titulo del libro
    Arte e parte. Dos patriarcas á arte suicida
    Borrazás, Xurxo
    Galaxia
    Por que escribir e que ocorre cando se fai en galego? Que conflitos condicionan a liberdade do escritor? E a li...
    No disponible
  • BREVEDUME
    Titulo del libro
    BREVEDUME
    Nº 95
    Borrazas, Xurxo
    Galaxia
    (A vida feita anacos) A Borrazás gústalle pensar que o autor deste libro é el, cando menos unha sorte d...
    No disponible
  • Pensamentos impuros
    Titulo del libro
    Pensamentos impuros
    Borrazás, Xurxo
    Xerais
    Pensamentos impuros inscríbese na tendencia literaria daqueles autores  que non só afirman ter dificultades p...
    No disponible

    16,65 €

Xerais a Llibreria Forum Babel