Elipsis e outras sombras

Elipsis e outras sombras

Editorial:
Xerais
EAN:
9788475079073
Matèria
LITERATURA CL?SICA
ISBN:
978-84-7507-907-3
idioma:
GALEGO
Ample:
130
Alt:
210
Disponibilitat:
DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)
Col·lecció:
NARRATIVA

13,50 €

IVA inclòs
Comprar

Aparece en 1974 Elipsis e outras sombras, libro ó que lle faltaba o seu conto señor e principal «Elipsis», por motivos que o propio Ferrín  non podía explicar nos avisos a aquela primeira edición, e ós que si se refire claramente no aviso á segunda, de 1983: «Esta edición inclúe  o conto que dá título ao libro e que fora tachado con grosas aspas de  lapis vermello na primeira edición». A censura actuaba no final do franquismo, xa un réxime en descomposición, coa mesma dureza que nas décadas anteriores.A edición completa, que hoxe presentamos revisada polo autor, constitúena oito relatos: «Prólogo. Impunidade» mais seis contos mais «Epílogo. Ditadura das cousas». O primeiro relato fainos ver a continuidade ideolóxica entre un usureiro vi1ego ignorante e reaccionario, e o seu fillo, señorito en Santiago e Madrid, que participará, realizándose plenamente como asasino fascista, nas matanzas posteriores ó levantamento militar de 1936. O último conto transmítenos a voz dunha muller burguesa que, mentres critica o exceso  de atención á realidade por parte dos progresistas, pretende coñecer a verdade espiritual e non cesa un momento de aconsellar o consumo de miles productos, para finalmente declarar o seu enorme interés polo producto rei da sociedade que adora: o diñeiro.Os seis relatos centrais, empezando por Elipsis», son seis variacións sobre un mesmo tema: a loita de clases. Clases que case sempre aparecen configuradas como castes, unhas mantedoras e outras sufridoras de sistemas de producción e maquinarias represivas que reducen ó ser humano á condición de animal inferior, atrapado en tradicións, en ritos, en labirintos deseñados dende o poder para perpetuarse. Nesta dinámica de  represión e resistencia, os oprimidos viven instalados na derrota coma unha condena perpetua. Non obstante a vinganza e o triunfo, como en «Elipsis», pode chegar algún día, no remate dun ciclo, para quen conserva o cerne da súa identidade intacto.

Altres llibres de l'autor a Llibreria Forum Babel

Matèria a Llibreria Forum Babel

Xerais a Llibreria Forum Babel

  • ORESTES PERDE O SENTIDO!
    Titulo del libro
    ORESTES PERDE O SENTIDO!
    Nº 72
    Aneiros, Rosa
    Xerais
    Unha mañá Orestes sae da casa e atopa todo demasiado estraño, coma se o mundo tolease. De súpeto, ve a súa...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    13,50 €

  • Do novo teatro á nova dramaturxia (1965-1995)
    Titulo del libro
    Do novo teatro á nova dramaturxia (1965-1995)
    Vieites, Manuel F.
    Xerais
    Nos últimos trinta anos desenvolvéronse en Galicia moi diversas iniciativas e experiencias tendentes a lograr...
    No disponible

    20,45 €

  • Contos para levar no peto
    Titulo del libro
    Contos para levar no peto
    Jiménez Aleixandre, María Pilar
    Xerais
    No disponible

    10,30 €

  • O enigma de Sempreviva
    Titulo del libro
    O enigma de Sempreviva
    Nº 95
    Maceiras, Andrea
    Xerais
    Senda múdase cos pais á pequena aldea de Sempreviva. O matrimonio de biólogos vai estudar a zona porque estÃ...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    12,95 €

  • O caderno de Roque
    Titulo del libro
    O caderno de Roque
    Nº 365
    Taboada, Carlos
    Xerais
    A familia Charabiscas da aldea de Pedrafermosa agarda con impaciencia a chegada do tío Roque, que marchou a pe...
    No disponible

    12,95 €