España e Europa

España e Europa. Do franquismo ao euro

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483027462
Any d'edició:
ISBN:
978-84-8302-746-2
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
UNIVERSITARIA

20,20 €

IVA inclòs

Producto da colaboración entre a Universidade de Vigo e a Acción Jean Monnet nace España e Europa. Do franquismo ao euro. Neste libro participan unha serie de profesores universitarios desde distintas especialidades: historia contemporánea, economía aplicada, ciencia política e da administración e socioloxía. Deste xeito ofréceselles aos alumnos e alumnas, e ao público galego en xeral, unha ferramenta útil para informárense sobre o futuro de Europa e para, dalgún modo, participar nun debate sobre as institucións comunitarias co que se pretende fortalecer valores fundamentais como a democracia, a solidariedade ou a tolerancia que forman parte do patrimonio común e do legado histórico de todos os europeos. Así mesmo é tamén unha ferramenta para buscar colectivamente fórmulas que nos permitan conservar os sinais básicos da nosa identidade cultural e ser partícipes dun novo desenvolvemento comunitario máis solidario. Este libro nace nunha desas realidades históricas e culturais que cómpre respectar: Galicia. Por iso se procura que esta nosa realidade específica quede salientada dentro da realidade máis ampla e común que  é España.O coñecemento das institucións europeas, das relacións establecidas entre estas e os gobernos españois -autoritarios e democráticos-, e a análise dos impactos institucionais, normativos, económicos e socioculturais que supuxeron para nós ingresar na Unión Europea, constitúen a cerna esencial de España e Europa. Do franquismo  ao euro, unha obra de indubidable interese académico e cidadán.

Xerais a Llibreria Forum Babel