(G).(13).CAD.MATEMOLA 6.(GALICIA).(ED.INFANTIL)

(G).(13).CAD.MATEMOLA 6.(GALICIA).(ED.INFANTIL)

Editorial:
Everest
EAN:
9788440312518
Any d'edició:
ISBN:
978-84-403-1251-8
Enquadernació:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
MATEMOLA

7,50 €

IVA inclòs

Este é o último caderno dos seis que forman a colección "Matemola", dirixida aos alumnos de Educación Infantil; o seu obxectivo é establecer unha base sólida para o desenvolvemento do pensamento lóxico-matemático. Continuando coa serie numérica, engadimos o número 9 (traballando o seu grafo e a súa relación coa cantidade que representa) e o 0 (traballando tamén o seu grafo). Para seguir ampliando o coñecemento matemático, introducimos o proceso de subtracción, presentando de maneira descritiva os tres pasos: estado inicial, transformación e estado final. Para facilitar a comprensión e a xeneralización deste proceso, utilizamos accións que, sendo distintas, implican a mesma operación (perder, romper, quitar...). Co fin de interiorizar e de axilizar a operación aritmética da suma, introdúcese o cálculo mental e séguese a practicar a suma (horizontal e vertical), sempre co soporte gráfico. No tocante á Lóxica, continuamos coas actividades de clasificación e de seriación, que son a base para a formación de conceptos e a organización do pensamento matemático. Se ata o de agora, e dentro do apartado de Xeometría, se traballaron as formas planas básicas, neste caderno preséntanse os corpos xeométricos con volume: cubo, esfera e cono. Repásanse algunhas das nocións espaciais xa traballadas con anterioridade, para favorecer a orientación do neno no espazo e para que entenda mellor a organización espacial. Para adquirir unha noción aproximada de "lonxitude", utilízase unha nova unidade de medida natural: o pé, propoñendo actividades que se desenvolven de xeito vivencial e rexistrando o resultado das medicións  na ficha. En canto ás medidas de tempo, preséntanse secuencias concretas, que axudan o alumnado a mellorar a súa organización temporal (antes-agora-despois). Ao final do caderno presentamos un xogo para repasar, de maneira lúdica, os principais contidos traballados.

Everest a Llibreria Forum Babel