Ganga

Ganga

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483027240
Any d'edició:
Matèria
LITERATURA CL?SICA
ISBN:
978-84-8302-724-0
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
NARRATIVA

16,65 €

IVA inclòs

Ganga, a última achega narrativa de Antón Lopo, ten un dono e señor que é o propio Ganga, un protagonista ácrata e excesivo que conduce ao  lector a unha aventura sen retorno. Ganga, un gordecho psicotropicómano de cento vinte quilos, enleado nunha trama de narcotraficantes e comunidades secretas de intelixencia que procuran a  felicidade perpetua, emprende unha viaxe na procura do amor e da morte que o levará dende a súa Compostela, ao Hío, a Barcelona, a Compostela, de novo, e logo á India. Ganga viaxa para deixar atrás o seu pasado, buscando sempre o amor e o coñecemento da verdade, que se agacha tralas máscaras dos seus seres máis próximos.Ganga é unha novela nómade, á que só se lle recoñecen ancoraxes xeográficas, porque  a súa trama trepidante conduce a unha festa de xéneros, a unha itinerancia de rexistros por vieiros fragmentarios e paralelos. En Ganga todo é múltiple, aberto e posible, e por iso os traficantes de eternidade ou as comunidades secretas de intelixencia poden convivir no seu celme fantástico, con estructuras literarias propias do melodrama, da ciencia ficción, do xénero fantástico ou da road movie.Novela de personaxe, -a suor de Ganga, o seu peso formidable, as  súas alucinacións cheas de sentido enchoupan todo o volume-, Ganga ergue unha caste de estoicismo sereno que, nun constante cuestionamento da súa identidade, permítelle ao narrador ofertar un galano de poética neutralidade. O autor amosa o mundo como o ve, sen impoñer xuízos morais, rexeitando dogmas e imposicións, convencido de que a única forma de aprehender o mundo é non interferindo no que narra. En Ganga, onde aparece un amplo ronsel de personaxes secundarios, responsables en ocasións das teses e reflexións sobre o amor, o sexo ou a propiedade, flúen tamén as claves dunha mitoloxía contemporánea que Antón Lopo dispuxo nunha sorte de irónica espiral, un combate de mundos paralelos que non revelará as súas razóns e o seu  sentido ata practicamente a fin do texto.

Altres llibres de l'autor a Llibreria Forum Babel

  • CORPO VENTOBRANCO ABLATIVO ABSOLUTO
    Titulo del libro
    CORPO VENTOBRANCO ABLATIVO ABSOLUTO
    Lopo, Anton
    Xerais
    « " Corpo " é unha obra onde poesía, amor, sexo e morte conflúen na noda dunha escrita limpa e im...
    No disponible
  • Os homes só contan até tres
    Titulo del libro
    Os homes só contan até tres
    Lopo, Antón
    Xerais
    Os homes só contan até tres, o drama de Antón Lopo gañador do premio Alvaro Cunqueiro para textos teatrais ...
    No disponible

    14,00 €

  • Obediencia
    Titulo del libro
    Obediencia
    Lopo, Antón
    Galaxia
    Antón Lopo sitúa a súa novela no século XXII, nunha Galicia republicana na que o goberno perdeu o control s...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    23,40 €

  • CONTRA O VENTO
    Titulo del libro
    CONTRA O VENTO
    Nº 380
    Lourenzo, Manuel;Alvarez Caccamo, Alfonso Portas, Manuel;Sumai, Anxos;Lopo, Antón Cabaleiro, Ana;Sande, Miguel;Monteagudo, Xosé;...
    Galaxia
    Volume de dezaseis relatos que homenaxea o trinta aniversario do Premio Manuel García Barros de Novela, un dos...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    19,00 €

  • Pronomes
    Titulo del libro
    Pronomes
    Lopo, Anton
    Espiral maior, s.l.
    No disponible

Matèria a Llibreria Forum Babel

Xerais a Llibreria Forum Babel

  • O tren fantasma
    Titulo del libro
    O tren fantasma
    Oruña, María
    Xerais
    A Alan no lle gusta ir para a cama. Para axudalo a durmir, o seu pai decide lerlle un conto moi especial: «O t...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    12,50 €

  • Luísa Villalta. Melodía de palabras
    Titulo del libro
    Luísa Villalta. Melodía de palabras
    Canosa, María
    Xerais
    Luísa Villalta (1957-2004) foi unha muller comprometida coa vida e fixo desta un espazo máis amable, que ench...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    13,50 €

  • Tras da Corda
    Titulo del libro
    Tras da Corda
    Reigosa, Carlos G.
    Xerais
    Estes relatos de Carlos G. Reigosa son unha realidade auténtica e constante. Neles hai tensión narrativa, pai...
    No disponible
  • A casa abandonada
    Titulo del libro
    A casa abandonada
    Heinze, Ursula
    Xerais
    Olalla é unha regular estudiante de final do 2º ciclo de primaria. O feito de suspender un exame obriga á pr...
    DISPONIBLE (Lliurament en 3-4 dias)

    7,50 €

  • Robinson Crusoe
    Titulo del libro
    Robinson Crusoe
    Defoe, Daniel
    Xerais
    No disponible

    11,45 €