Galicia posúe unha riqueza malacolóxica avalada polos máis de 693 quilómetros de costa de que consta o litoral galego. Os moluscos, amais de constituÃren un dos grupos de seres vivos máis numerosos en canto a especies, con exemplares de grande fermosura son, ó tempo, un grupo de grande interese económico. O coñecemento das especies do noso medio é o mellor camiño para calquera forma de actuación: rendabilizar a economia das explotacións, protexer as especies en perigo de extinción, etc.O vigués Emilio Rolán, un dos maiores expertos europeos en malacoloxÃa -a ciencia que estudiaos moluscos- , ponnos nas nosas mans unha GuÃa ecolóxica das cunchas e moluscos de Galicia que, no mediodas liortas das campañas marisqueÃras que afectan ano tras anos ás nosas rÃas, pode comprometer a biólogos, coleccionistas, curiosos, afeccionados, sÃmples bañistas veraniegos ou ás xentes preocupadas pola problemática deste mar de noso que a cotÃo nos alimenta.