Historia mundo contemporaneo 1ºbacharelato

Historia mundo contemporaneo 1ºbacharelato

Editorial:
Baia
EAN:
9788496893566
Any d'edició:
Matèria
LLIBRE DE TEXT
ISBN:
978-84-96893-56-6
Pàgines:
452
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
1ºBACHARELATO

34,50 €

IVA inclòs

O libro agrupa a información en tres grandes bloques cronolóxicos: 1750-1914, 1914-45 e 1945-2008. En canto ao tratamento dos contidos, predomina o tratamento global e diacrónico no exame das grandes transformacións económicas e políticas do século XIX que conforman o mundo contemporáneo -revolución industrial, revolución política liberal, burguesía e proletariado, imperialismo- así como no estudo dos cambios e continuidades que afectan ao mundo actual -Guerra Fría, capitalismo e socialismo real, descolonización e Terceiro Mundo-; mentres que para o estudo das graves crises e conflitos do mundo de entregueras Gran Guerra, Revolución rusa, Crac do 29, Fascismos, Segunda Guerra Mundial- predomina un tratamento máis pormenorizado e temático. Os autores parten da idea de que o alumnado debe manexar e comentar un  bo número de materiais documentais da época (textos, gráficas, estatísticas, mapas, fotografías, obras de arte...). Por iso en cada unha das unidades temáticas están recollidos numerosos documentos que forman parte da información, é dicir, non son meros complementos dun discurso de autor, senón que son eles os que realmente proporcionan a información histórica; o traballo dos autores céntrase na organización  e recollida desa información redactando un fío condutor que facilita ao alumnado a correcta comprensión da documentación orixinal. Na selección desta documentación os autores incorporaron fundamentalmente fontes primarias accesíbeis e comprensíbeis para o nivel de ensino a que está destinado o manual. Os documentos escritos preséntanse convenientemente reducidos ás súas mensaxes básicas, destacando aqueles aspectos que máis interesaban para o tema a tratar.  Na referencia bibliográfica dos textos consígnase sempre o autor, o título e a data da primeira redacción ou publicación sen especificar (por consideralo de escasa ou nula relevancia) a edición concreta que foi manexada. Ao comezo de cada unidade figuran enderezos da Internet e títulos de filmes que poden ser utilizados para completar a información do libro de texto. O manual achega tamén un anexo final de técnicas de traballo pensadas par facilitar ao alumnado o traballo cos materiais documentais de carácter textual, gráfico e audiovisual.

Altres llibres de l'autor a Llibreria Forum Babel

  • HISTORIA
    Antic
    Titulo del libro
    HISTORIA
    JOSE ALFEIRAN RODRIGUEZ
    Bahia edicions
    DISPONIBLE (Lliurament en 3-4 dias)

    23,66 €

Matèria a Llibreria Forum Babel

Baia a Llibreria Forum Babel

  • AS VOCES DA AUGA )
    Titulo del libro
    AS VOCES DA AUGA )
    Gracián, Ánxela
    Baia
    Gañadora 'ex aequo' do VIII Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil (2018).  'As voces d...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    14,00 €

  • O home do saco
    Titulo del libro
    O home do saco
    Lluch, Enric
    Baia
    Integrada por dez títulos profusamente ilustrados a toda cor por destacados ilustradores de recoñecido presti...
    No disponible

    6,75 €

  • REMEXIDO DE PATACAS
    Titulo del libro
    REMEXIDO DE PATACAS
    Nº 35
    Rios Liste, Elisabet
    Baia
    A receita de hoxe é unha forma sa e saudable de emendar os hábitos aprendidos nesta sociedade. A partir do mo...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    12,15 €

  • Sanatoria
    Titulo del libro
    Sanatoria
    Grimalt, Francesc
    Baia
    No disponible
  • O corvo cundemaro
    Titulo del libro
    O corvo cundemaro
    Daporta, Mon
    Baia
    Nestes catro primeiros títulos da colección, Mon Daporta preséntanos a  súa particular e divertida visión ...
    No disponible