La Belle Otero

La Belle Otero

EAN:
9788483026991
Matèria
BIOGRAFIES
ISBN:
978-84-8302-699-1
idioma:
GALEGO
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
SIN COLECCION

46,35 €

IVA inclòs

Este libro recolle noventa imaxes, a maior parte delas tarxetas postais, sobre Carolina Otero, a Bela Otero, a galega máis universal do século XX. A neniña que, nacida no seo dunha humildísima familia da  Ponte, no concello de Valga, o 4 de novembro de 1868, sería considerada como a máis luminosa das figuras daquel París da Belle Epoque; a definida polo pintor Paul Klee como "unha muller da cabeza aos pés".A Bela Otero, a "serea dos suicidas", como era chamada pola prensa norteamericana, pola que tolearon banqueiros e nobres que se bateron e arruinaron por ela. A Lina, que describiu a súa amiga a escritora francesa Colette, chea de alegría e pracer de vivir. A actriz de notable talento solicitada para a Opera-Cómica de París, que  estudiou o mesmo Marcel Proust para incluír como personaxe dalgunha das súas obras. A xogadora que aos catorce anos fixo saltar vinteunha veces consecutivas a ruleta xogando ao vermello no Casino de Montecarlo. A artista que con corenta e cinco anos decidiu retirarse da escena e trocar de xeito de vida e foi considerada como un símbolo dunha "época superficial, lixeira, á vez virtuosa e cínica".A Carolina  Otero, esa beleza galega que fixo languidecer a vellos e mozos e os fotógrafos parisinos que colorean os seus retratos en tarxetas postais; a muller que posuíu unha enorme riqueza en xoias, que adornaron o seu corpo inmortalizado por grandes debuxantes da súa época.A Bela Otero, a que ocultou Galicia no seu corazón como tantos emigrantes, pero que levou sempre consigo a lingua propia ata o seu pasamento en Niza, o 12 de abril de 1965, testando a prol dos pobres de Valga.A edición deste álbum de postais da Bela Otero, prologado por  un fermoso texto de Luís Seoane, recollido dunha audición radial do programa "Galicia Emigrante" de 1959 e editado en galego, castelán, francés e inglés, constitúe unha auténtica alfaia bibliográfica para a  recuperación rigorosa da imaxe verdadeira dun dos símbolos da gracia e da beleza de Galicia.

Matèria a Llibreria Forum Babel

  • Charles Lindbergh
    Titulo del libro
    Charles Lindbergh
    Berg, A. Scott
    No disponible

    24,50 €

  • Nosotros los Chichos
    Titulo del libro
    Nosotros los Chichos
    Peña / Valderrama / Valderrama, Juan Antonio
    No disponible

    5,95 €

  • Un barbero en la guerra
    Titulo del libro
    Un barbero en la guerra
    HERREROS, MARÍA
    LA INOLVIDABLE HISTORIA DE UN SOLDADO ADOLESCENTE EN LA GUERRA CIVIL Una reivindicación de la memoria y el amo...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-3 dies)

    22,90 €

  • MARAVILLOSAS
    Titulo del libro
    MARAVILLOSAS
    Nº 1
    Rossetti, Ana
    Maravillosas es una invitación a trazar la genealogía femenina de un barrio. Siguiendo la pista de la actriz,...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-3 dies)

    21,50 €

  • Ropa de casa
    Titulo del libro
    Ropa de casa
    Martínez de Pisón, Ignacio
    El retrato de formación de uno de los escritores más sólidos de la narrativa española.Ignacio Martínez de ...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-3 dies)

    20,90 €