María das Batallas

María das Batallas

Editorial:
Galaxia
EAN:
9788471541147
Any d'edició:
Matèria
LITERATURA
ISBN:
978-84-7154-114-7
Pàgines:
306
Enquadernació:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
idioma:
GALEGO
Ample:
135
Alt:
210
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
LITERARIA

María das Batallas conta a historia de María Pita e da defensa da cidade da Coruña fronte ao ataque das tropas de sir Francis Drake.Cunha prosa directa e ricaz, e a través da voz dos personaxes que viviron aquel tempo, Alfredo Conde traza nesta novela o puzzle brutal dos destinos que se cruzaron no cerco da Coruña.O autor de Xa vai o griffón no vento volve compartir con lectores e lectoras unha aventura inesquecible.Titulares de prensaMARIA DAS BATALLASA Coruña como esceario e María Pita como protagonista. Con tales ingredentes o resultado era previsible: Alfredo Conde ofrécenos unha das súas mellores novelas. Un narrador consagrado que en palabras de Víctor Freixanes, "segue a medrar". María Pita é un personaxe simbólico, cunha gran potencialidade en si mesma, sen embargo Conde non segue a dimensión romántica máis celebrada e, por tanto, esperable. Desce a detalles máis pragmáticos: refire os numerosísimos pleitos que sostivo  ao longo da súa vida e os intereses non sempre heroicos que a animaban, como a pretensión de ser alférez ou a de lograr de El Rei a franquicia para comerciar co vinho de Porto, cousas que non lle foron concedidas. Aínda que a figura da heroína concentre o nó da novela, Alfredo Conde non se limita a María Pita e ao seu contorno senón recupera o tempo e a época histórica con toda a complexidade de acontecementos, intrigas e situacións, con relevancia especial da Pescadería, onde se desenvolven os feitos.A habelencia narrativa de Conde déixase ver no orixinal prantexamento, na estructura da novela, na pluralidade de rexistros estilísticos e na atinada documentación que sendo fiel e obxectiva non resulta exhaustiva nin abufante. Estamos ante unha obra de ficción, non ante un ensaio. En ocasiones é dificil substraerse á tentación de utilizar aqueles datos dos que se dispoñen e que foron recabados mediante unha ardua laboura de investigación. Pero así é a arte da escrita, na que non hai números neutros: o que non suma, resta. "Arte de non escribir o que sobre...",  como ben recordou o catedrático Paz Gago ao analizar polo miúdo da obra.María das Batallas é unha novela histórica, unha aportación máis a un xénero de actualidade que ten ofrecido espléndidos resultados no caso, por exemplo, de Eco ou de Yourcenar. Mais é tamén unha novela de  intriga. O autor consegue ternos presos do desenlace desa manobra na que un exército de vinte mil homes se prepara para a invasión da cidade. Encetan a xeira con éxito notorio, xa que no primeiro día matan medio milleiro de coruñeses. A vista disto, os sitiados acordan refuxiarse na cidade alta para acorazarse e resistir. Cando os ingleses, convencidos da súa superioridade, tratan de vencer as últimas resistencias procedendo ao asalto final, xorde a figura de María Pita nun coñecido lance, que ten tanto de xenreira e de desesperación como de heroismo.A nivel estilístico atopámonos con tres  narradores, que nos permiten coñecer desde "dentro" os sucesos, o criterio e as versións dos protagonistas do drama. Dunha banda está a filla de María Pita, doutra o curmán de Francis Drake, aos que cómpre engadir o narrador omnisciente, o capitán Varela. O espírito do relato  trata de ser fiel á realidade histórica e á persoalidade de María Pita. Outramente, Conde eleva á categoría de protagonista á propia cidade, en concreto á Pescadería, lugar de confluencia que representa a puxanza económica; a forza mariñeira e popular da cidade baixa.María  das Batallas destaca tamén pola viveza dos persoaxes, cunha gran dose  de realismo e credibilidade. Relevancia especial teñen as mulleres. Mulleres recoñecidas e admiradas, como María Pita, e mulleres humildes, anónimas, que contribuíron co seu esforzo non menos heroico ao progreso e á liberdade.Xulio VarcárcelDomingo 9 de setembro de 2007El Ideal Gallego

Altres llibres de l'autor a Llibreria Forum Babel

  • Homes de ferro
    Titulo del libro
    Homes de ferro
    Conde Cid, Alfredo
    Ezaro editorial
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias..)

    15,00 €

  • Xa vai o Griffón no vento
    Titulo del libro
    Xa vai o Griffón no vento
    Conde, Alfredo
    Xerais
    Unha novela na que o escritor de Allariz se nos amosa como o escritor que albiscabamos hai tempo. Un escritor q...
    No disponible

    9,00 €

  • Huesos de santo
    Titulo del libro
    Huesos de santo
    Conde, Alfredo
    Edhasa editorial
    Con el hallazgo del acicalado y bellísimo cadáver de Sofía Esteiro y un "atentado aéreo" contra la hija del...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    14,00 €

  • A PROPÓSITO DE FRAGA
    Titulo del libro
    A PROPÓSITO DE FRAGA
    Conde Alfredo
    Ezaro editorial
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias..)

    18,00 €

  • O barco
    Titulo del libro
    O barco
    Conde, Alfredo
    Galaxia
    A vida nunha cidade galega sumida no provincialismo sérvelle a Alfredo  Conde para poñer a andar uns personax...
    No disponible

Matèria a Llibreria Forum Babel

  • Ana Kleiber
    Titulo del libro
    Ana Kleiber
    Nº 19
    Sastre, Alfonso
    Hiru
    Es un drama de amor en el marco del nazismo en Europa. Ana es una actriz que muere en un hotel de Barcelona y s...
    No disponible
  • Entre señorita y Garçonne
    Titulo del libro
    Entre señorita y Garçonne
    Llona, Miren
    Universidad malaga
    No disponible
  • ¿Reinará Felipe VI?
    Titulo del libro
    ¿Reinará Felipe VI?
    Infante Martos, José
    Martinez roca
    No disponible

    18,00 €

  • Testigo de uno mismo
    Titulo del libro
    Testigo de uno mismo
    Nº 1098
    Benedetti, Mario
    Visor editorial
    De manera inigualable, M. B.(Uruguay, 1920-2009) fusiona en estos poemas la sencillez expresiva con la profundi...
    No disponible
  • 566.Ii.Mitologia E Historia Del Arte
    Titulo del libro
    566.Ii.Mitologia E Historia Del Arte
    Gonzalez De Zarate, Jesus Maria
    Encuentro
    Segundo volumen, dedicado por completo a los dioses Olimpicos, de esta  obra de gran importancia para el estudi...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias..)

    30,00 €

Galaxia a Llibreria Forum Babel

  • Esta historia
    Titulo del libro
    Esta historia
    Monteagudo, Xosé
    Galaxia
    O insospeitado xorde do habitual, do cotián, conquístanos e faise inesquecible... E o poder da literatura. Xo...
    No disponible
  • As caras da miña choiva
    Titulo del libro
    As caras da miña choiva
    Nº 31
    Sabaite, Kristina
    Galaxia
    A miña avoa di que a choiva ten moitas caras. Caras ocultas, que só os  que quedan quietos, e observan, poden...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    16,50 €

  • Sonoridade das auras. Poesía reunida
    Titulo del libro
    Sonoridade das auras. Poesía reunida
    Nº 14
    García Barros, Manuel
    Galaxia
    Manuel García Barros adoita ser cualificado como narrador e xornalista, o que contribuíu a un fondo descoñec...
    No disponible
  • Castelao. Construtor da nación. Tomo II. 1931-1939
    Titulo del libro
    Castelao. Construtor da nación. Tomo II. 1931-1939
    Nº 5
    Seixas Seoane, Miguel Anxo
    Galaxia
    II TOMO GRANDES BIOGRAFÍAS DE CASTELAO O meniño rianxeiro, o rapaz emigrante e retornado, o debuxante e o&nbs...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    46,00 €

  • Este é Toribio
    Titulo del libro
    Este é Toribio
    Nº 1
    Casares, Carlos
    Galaxia
    Casares preséntanos a Toribio, protagonista de fantásticas e entretidas aventuras ao longo de varios libros d...
    No disponible