Materia prima

Materia prima

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483028407
Any d'edició:
Matèria
LITERATURA CL?SICA
ISBN:
978-84-8302-840-7
Pàgines:
272
Enquadernació:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
NARRATIVA

16,85 €

IVA inclòs

Materia prima é un mapa, unha cartografía que orienta ao lector a través da narrativa galega contemporánea. Este é o seu estado actual, unha importante aproximación antologada e prologada polos críticos literarios Ramón Nicolás e Armando Requeixo. Son, todos, relatos inéditos de autores e autoras de recoñecido prestixio, dezasete relatos escritos especialmente para a ocasión, boa materia prima transformada en ricaz expresión dun tesouro creativo do noso presente e do porvir literario máis inmediato. Unha antoloxía da narrativa galega do século XXI que convida soñar e que confirma a vizosidade e vitalidade desta nosa República das Letras.O obxectivo do presente volume é ofrecer aos lectores galegos unha antoloxía epocal da mellor narrativa curta galega daqueles autores que publicaron unha parte substantiva da súa mellor producción xa na pasada década: "O coitelo en novembro " (Marilar Aleixandre), "o día das torres" (Fran Alonso), "O cura de Fruíme" (Anxo Angueira), "Pena dos Anacares" (Xurxo Borrazás), "Tombstone Blues (Xosé Carlos Caneiro), "Confesións dun asasino criminal (Cid Cabido), "Hotel Arriaga" (Bieito Iglesias), "Un cabaleiro de aire soña" (Ramón Loureiro), "Tarxete vermella" (Xosé Miranda), "Os outros" (Miguel-Anxo Murado), "A illa dos lemures (Xavier Queipo), "Báñate comigo (teoría e práctica)" (Luís Rei Núñez),  "Idaciano F.C." (Antón Riveiro Coello), "A voda máis bonita do mundo"  (Xurxo Souto), "A roupa alí tirada" (Suso de Toro), "Ama de chaves" (Xesús Manuel Valcçarcel) e "Máis alá das raíces" (Luísa Villalta). Cada un dos textos vai precedido por unha ampla ficha bibliográfica de  cada un dos autores e autoras. O resultado é un volume singular que reflicte a vitalidade e diversidade amosada pola narrativa galega nos últimos anos: dende a súa orixinalidade e apertura temática, a peculiar e diversa forma de entender a comunicación literaria de cada un deles, ata a influencia do mundo audiovisual, na súa maior parte.

Matèria a Llibreria Forum Babel

Xerais a Llibreria Forum Babel

  • VIVIR SEN PERMISO E OUTRAS HISTORIAS DE OESTE
    Titulo del libro
    VIVIR SEN PERMISO E OUTRAS HISTORIAS DE OESTE
    Rivas, Manuel
    Xerais
    Este novo libro de Manuel Rivas contén tres historias que, ao xeito da  serie negracriminal, retratan un tempo...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    18,95 €

  • Despoxos e vísceras ilustres
    Titulo del libro
    Despoxos e vísceras ilustres
    Queizán, María Xosé
    Xerais
    O corazón de Percy B. Shelley, poeta romántico inglés, é un dos protagonistas deste libro. Despois dunha mo...
    No disponible
  • Galicia, un mar con historia
    Titulo del libro
    Galicia, un mar con historia
    Dubert, Isidro
    Xerais
    Galicia ten un mar con historia e unha historia con mar. O mar situou o país na cerna da historia europea e do...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    22,95 €

  • Un barquiño coma min
    Titulo del libro
    Un barquiño coma min
    Docherty, Thomas
    Xerais
    O mar tenche mil perigos. Hai correntes, remuíños, furacáns, monstros mariñosà Mais eu cruzo temporais, su...
    No disponible

    6,70 €

  • O pintor do sombreiro de malvas
    Titulo del libro
    O pintor do sombreiro de malvas
    Sánchez Calveiro, Marcos
    Xerais
    No disponible

    13,00 €