Naufraxios no mar de Vigo

Naufraxios no mar de Vigo

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497820196
Any d'edició:
Matèria
LITERATURA CL?SICA
ISBN:
978-84-9782-019-6
Pàgines:
216
Enquadernació:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
idioma:
GALEGO
Ample:
145
Alt:
220
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
CRONICA

18,70 €

IVA inclòs

No século XX o mar de Vigo viu perecer a centos de persoas en máis de seiscentos accidentes marítimos rexistrados tanto na ría de Vigo como nas súas inmediacións. Embarcacións militares como a canoneira Condor;  vapores como Berlín; trasantlánticos como o Veronese, o Siboney, ou o  Hammonia; lanchas de pasaxe como a Monchiña; petroleiros como o Polycommander, iates como o Thalassa; traiñeiras como a Josefa e pesqueiros como o Cuatro Hermanos, o Nueva República, o Tito, o Ave del mar, o Marbel atoparon nas augas viguesas o punto final das súas singraduras, deixando en terra unha estela de dó e morte. Cabo do Mar,  os Farallóns, Punta Borneira, as Cíes e mesmo a enseada de San Simón souberon de varadas, afundimentos, abordaxes, incendios e vías de auga  que encheron os xornais da época de arrepiantes narracións, de heroicos rescates e de inconsolables desgracias familiares. Francisco Díaz Guerrero reconstrúe a negra crónica dos naufraxios do mar de Vigo e avivece na nosa memoria a lembranza dos seus tráxicos protagonistas. Tratando sempre de non furgar no drama e de fuxir da recreación morbosa, non resulta estraño asistir a citas cando menos curiosas como a que se relata no naufraxio do pesqueiro de Bouzas Montenegro núm. 3 ou o rescate dos touros sementais, xuvencas e ovellas do trasatlántico inglés Higland Pride, naufragado preto de Baiona. Finalmente, e debido á ampla repercusión social que tivo na súa época, o libro recolle o curioso naufraxio do globo aerostático belga Prince Leopold, que, no ano 1925, mantivo expectantes ás xentes de Vigo e e a súa bisbarra. Naufraxios no mar de Vigo é moito máis que  un relatorio informado destes malfados episodios: é unha apaixonada homenaxe aos homes e mulleres que, sucando os mares, escriben a historia desa potencia marítima que é Galicia.

Altres llibres de l'autor a Llibreria Forum Babel

Matèria a Llibreria Forum Babel

Xerais a Llibreria Forum Babel

  • Rata linda de Compostela
    Titulo del libro
    Rata linda de Compostela
    Graña, Bernardino
    Xerais
    No Monte do Gozo, preto de Compostela, vive Rata Linda. Tamén vivía alí o Rato, que marchou para o estranxei...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    9,95 €

  • (G).(08).PAPU 1 ANO. *GALEGO*
    Titulo del libro
    (G).(08).PAPU 1 ANO. *GALEGO*
    Campuzano Valiente, María Dolores
    Xerais
    No disponible

    36,80 €

  • Dez abellas na laranxeira
    Titulo del libro
    Dez abellas na laranxeira
    Aleixandre, Marilar
    Xerais
    Dez abellas zoan na laranxeira, nove olen o azar, oito asubían contos de amor, sete lamben o zume doce, seis v...
    No disponible

    7,50 €

  • TEXTOS FILOSOFIA COU.COMENTARIO DE TEXTO/BIBLIOTECXER
    Titulo del libro
    TEXTOS FILOSOFIA COU.COMENTARIO DE TEXTO/BIBLIOTECXER
    Grupo Enxergo
    Xerais
    No disponible

    10,00 €

  • A memoria de Tui
    Titulo del libro
    A memoria de Tui
    Díaz Martínez, Carlos;Cameselle, Roque
    Xerais
    Memoria de Tui, un libro que recolle a memoria gráfica da cidade fronteiriza no primeiro tercio do século XX....
    No disponible

    9,90 €