Nin che conto

Nin che conto. Para coñecer e gozar a micronarrativa

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497829465
Any d'edició:
ISBN:
978-84-9782-946-5
Pàgines:
216
Enquadernació:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
idioma:
GALEGO
Ample:
171
Alt:
240
Disponibilitat:
DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)
Col·lecció:
SIN COLECCION

17,50 €

IVA inclòs
Comprar

Nin che conto do crítico e profesor Xosé Manuel Eyré é unha obra que busca a caracterización e definición da micronarrativa, unha das manifestacións literarias que máis expectativa está creando no comezo deste século e que está a provocar a remodelación do sistema narrativo  e mesmo de todo o sistema literario. Este tipo de discursos son un exercicio de exquisita pureza, porque na brevidade o xenuinamente literario brilla con luz propia ao non haber ao seu redor un mar de palabras que o difuminen. Pero para conseguir descifrar o seu código, os microtextos precisan dun lector específico, capaz de representar na  súa mente todo o que non figura por escrito, de aí a importancia que se lle concede neste estudo á actitude dinámica, activa, creativa e lúdica dos lectores e lectoras. Ademais de realizar un percorrido polos textos breves canónicos da literatura universal, en Nin che conto ofréceselle un extenso espazo aos autores e textos máis representativos da micronarrativa galega.

Xerais a Llibreria Forum Babel