O atentado

O atentado

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483023945
ISBN:
978-84-8302-394-5
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
NARRATIVA

16,65 €

IVA inclòs

En O atentado, Cándido, natural dunha pequena aldea do Val de Lemos, sofre a tortura de verse chantado no corazón da capital de España entre un roncudo e estralicante mar de gomas e ferros. Baixo o seu casco branco de garda de tráfico, ocúltase un fresco sombreiro de palla. Opresivo como L´étranger, o sol madrileño de O atentado pon a luz para unha longa proxección na mente do protagonista: a lembranza dun mundo labrego e familiar definitivamente perdido, o reencontro imposible coa natureza e coa infancia, a nostalxia dun espacio válido para as relacións humanas fronte á dureza metálica e abafante das grandes urbes. O atentado móstranos, mediante un perfecto tecido de Ã©pocas e lugares, o conflicto que supuxo para milleiros de galegos abandonar as aldeas, xa en decadencia, para se converter en inxertos nun contexto sociocultural adverso.O atentado é unha novela de contrapunto que alterna admirablemente o monólogo interior coa narración retrospectiva, o espacio urbano co aldeán, a violencia coa tenrura. Ferreiro creou espacios, tempos e contrapuntos sen que se noten as soldaduras. Cándido é un pobre labrego, por iso Madrid o afoga e o aniquila, anque alí terá que seguir pois nunca poderá fuxir no tren dos seus soños que baixa poal Gran Vía camiño de Galicia, ata ser destruído dunha maneira dramática e inesperada.O atentado é unha historia de morte e amor, na que Fernández Ferreiro confesa que hai moito de si mesmo, constituíndo unha grande homenaxe a súa aldea perdida. Tecida plano a plano, é un dos froitos máis logrados da artesanía literaria deste grande novelista labrego e afiador.

Altres llibres de l'autor a Llibreria Forum Babel

  • A cidade das chuvias
    Titulo del libro
    A cidade das chuvias
    Fernández Ferreiro, Xosé
    Xerais
    Luís, ou don Luís agora, pasaba moitas horas escoitando a voz, as mil voces, os cen ou os cen mil bicos de Ca...
    No disponible

    14,00 €

  • Corrupción e morte de Brigitte Bardot
    Titulo del libro
    Corrupción e morte de Brigitte Bardot
    Fernández Ferreiro, Xosé
    Xerais
    O corpo da víctima está esnaquizado, morto, no chan, no medio dun charco de sangue. E unha muller, di un dos ...
    No disponible

    11,75 €

  • Ulcis
    Titulo del libro
    Ulcis
    Fernández Ferreiro, Xosé
    Xerais
    Xosé Fernández Ferreiro comezou a deseñar o personaxe de "Ulcis" entre  1958 e 1963 e traballou nel ao longo...
    No disponible
  • Agosto do 36
    Titulo del libro
    Agosto do 36
    Fernández Ferreiro, Xosé
    Xerais
    No disponible

    12,00 €

  • A saga dun afiador
    Titulo del libro
    A saga dun afiador
    Fernández Ferreiro, Xosé
    Xerais
    Era xa pola noitiña cando chegou á casa. Abriu a porta do patio e entrou. Parou uns momentos escoitando, mira...
    No disponible

    13,35 €

Xerais a Llibreria Forum Babel

  • De remate
    Titulo del libro
    De remate
    Cajaraville, Héctor
    Xerais
    De remate é unha novela tremendamente singular no xeito de narrar. Está construída fragmentariamente a travÃ...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    19,50 €

  • A ELEGANCIA DO SéCULO
    Titulo del libro
    A ELEGANCIA DO SéCULO
    Nº 48
    TEJELO, PURA
    Xerais
    Camiñar polos versos de A elegancia do século é facelo polas rúas de calquera cidade. Só cómpre a disposi...
    No disponible

    14,50 €

  • O gardián invisible
    Titulo del libro
    O gardián invisible
    Nº 333
    Redondo Meira, Dolores
    Xerais
    Dolores Redondo Meira, unha autora navarra de ascendencia galega, constrúe en O gardián invisible, a súa seg...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    25,50 €

  • A corpo aberto
    Titulo del libro
    A corpo aberto
    Rivas, Manuel
    Xerais
    A corpo aberto de Manuel Rivas é unha viaxe de xornalismo "Indie". Independente, libre, irónica, crítica e d...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    22,95 €

  • A saudade e outros poemas. O desacougo
    Titulo del libro
    A saudade e outros poemas. O desacougo
    Vázquez, Pura
    Xerais
    Pura Vázquez (1918) é unha senlleira representante da primeira xeración de escritoras da posguerra. Desde í...
    No disponible

    12,40 €