O galego Soto, líder da Patagonia rebelde

O galego Soto, líder da Patagonia rebelde

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483023167
ISBN:
978-84-8302-316-7
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
CRONICA

20,60 €

IVA inclòs

Baixo o título O Galego Soto. Líder da Patagonia Rebelde, Lois Pérez Leira (como coordinador), a historiadora Dolores Vieites Torreiro, o xornalista e intelectual arxentino Osvaldo Bayer, e o sindicalista Manuel Mera recuperan a figuran de Antonio Soto Canalejo, "O galego Soto", líder que foi da revolta obreira da Patagonia arxentina nos anos vinte. O libro estructurado en catro partes, correspondendo cada unha á contribución de cada un dos autores, aparece dentro dun novo formato da colección "Crónica", apoiado por unha estensa e coidada documentación fotográfica, a maior parte dela inédita ata hoxe en Galicia. Antonio Soto, alto rubio e de ollos claros, naceu en Ferrol en 1897 e chegaría a Buenos Aires a unha idade temperá, cando a cidade  arxentina era un fervedeiro de folgas e manifestacións, que tiñan por  fin reclamar mellores condicións de traballo e salario para a clase obreira. A vida de Soto quedou inmortalizada na película dirixida por Héctor Oliveira, que protagoniza o actor Federico Luppi, La Patagonia Rebelde e no recente documental de Xan Leira, estreado en Canal +. O presente volume pretender difundir en Galicia e recuperar para a súa memoria colectiva unha figura descoñecida aquí, pero que constitúe un auténtico mito na historia da Arxentina de hoxe. A vida de Soto estivo  envolta na loita obreira. A pouco de chegar a Río Gallegos foi elixido secretario xeral da Federación Obreira da Poboación. Alí xunto  a outros traballadores da hostelería e da lá, protagonizou unha folga  de protesta para reclamar, entre outras cousas, un salario de oito horas, cama digna, candeas e alimentos. As sublevacións, alentadas na súa maioría por emigrantes galegos, animan ó exército arxentino a actuar e sofocar as manifestacións. Para isto, enviou tropas para dobregar ós folguistas co resultado da morte de máis de 1.500 traballadores. Un auténtico xenocidio que constitúe unha das páxinas máis negras da historia arxentina.

Xerais a Llibreria Forum Babel

  • Un animal chamado néboa
    Titulo del libro
    Un animal chamado néboa
    Costas, Ledicia
    Xerais
    A capacidade de resistencia á dor física ou psicolóxica non se pode medir. Tampouco o grao de maldade que po...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    19,50 €

  • ILLAS A SOTAVENTO
    Titulo del libro
    ILLAS A SOTAVENTO
    Dacosta, Henrique
    Xerais
    Illas a sotavento é unha novela protagonizada por un grupo de amigos do lugar do Prioiro, na parroquia de Cova...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    19,50 €

  • MÚSICA NO FAIADO
    Titulo del libro
    MÚSICA NO FAIADO
    Nº 272
    Alonso Diz, Miguel Ángel
    Xerais
    Unha tarde de choiva e uns misteriosos ruídos no faiado dan comezo á descuberta da historia familiar de Lucí...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    13,95 €

  • (10).CULTURA AUDIOVISUAL 1O.BACHARELATO (XERAIS)
    Titulo del libro
    (10).CULTURA AUDIOVISUAL 1O.BACHARELATO (XERAIS)
    Rouco Lamela, José Eulogio
    Xerais
    No disponible

    35,55 €

  • transmuta
    Titulo del libro
    transmuta
    Cordal Fustes, Xabier
    Xerais
    A morte da nai é o punto de partida. Detrás da morte a mutilación da posguerra; a que incapacitou miles de c...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    16,95 €