O Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela

O Instituto de Ciencias da Educación (ICE) da Universidade de Santiago de Compostela. Nacemento e evolución (1969-2019)

Editorial:
Usc.univ.santiago compostela
EAN:
9788417595753
Any d'edició:
Matèria
PEDAGOGIA
ISBN:
978-84-17595-75-3
Pàgines:
359
Enquadernació:
RUSTICA
idioma:
CASTELLANO
Ample:
170
Alt:
240
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
OUTRAS PUBLICACIONS

En 2014, con ocasión dos 45 anos do Instituto de Ciencias da Educación  da Universidade de Santiago, a súa dirección e consello científico decidiron promover un estudo en profundidade da traxectoria dun centro  que durante décadas ofreceu formación didáctica a futuros profesores de ensino medio, montou programas de apoio e perfeccionamento para mestres, realizou tarefas de investigación senlleiras pola súa conta ou en colaboración con outras institucións, e impulsou publicacións que recollían experiencias dun número moi considerable de profesores da propia Universidade compostelá. O traballo de investigación, moi laborioso pola abundancia de documentación administrativa, moitas veces desorganizada e almacenada nun soto en condicións adversas, conduciu a unha obra exhaustiva, necesaria e chamada a constituírse en  referente, pois, que se saiba, non ten modelos nin precedentes, ao non existiren traballos globais nin de conxunto sobre os institutos de  ciencias da educación doutras universidades españolas. A esta rigorosa historia do ICE compostelán acompaña un importante elenco de información e documentación complementaria: referencias bibliográficas  e documentais; índice de imaxes, de táboas e onomástico, e once anexos nos que se recollen os cursos e seminarios impartidos, cursos de especialización, posgrao e másteres; o obradoiro permanente de educación ambiental; os proxectos de investigación desenvolvidos polo ICE; as publicacións patrocinadas; os premios á innovación educativa na USC, e unha relación de profesorado e persoal de diferentes niveis do ICE.

Altres llibres de l'autor a Llibreria Forum Babel

Matèria a Llibreria Forum Babel

Usc.univ.santiago compostela a Llibreria Forum Babel