O mundo e nós

O mundo e nós

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483024065
ISBN:
978-84-8302-406-5
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
CRONICA

9,80 €

IVA inclòs

O mundo e nós achega unha visión persoal sobre a integración de Galiza  no mundo actual e os problemas e desafíos que ten que enfrontar a sociedade galega. Este brillante ensaio está moi influído pola actividade profesional do autor, Enrique Sáez Ponte, vencellado ao mundo financieiro -ocupando postos de dirección no Banco Pastor e no seu grupo-, onde cada vez hai menos barreiras e onde a globalización é  algo real e influínte. Por outra banda, a reflexión insírese na situación presente de Galicia, unha terra aínda non pechada e sometida  a importantes restriccións debidas a un dificultoso pasado. Do diálogo entre a experiencia profesional e a realidade vital xorde O mundo é nós, unha obra que incorpora perspectivas novas e suxerentes sobre temas de grande actualidade no noso país.O mundo e nós busca, unha interpretación da posición de Galiza no mundo. A primeira parte do libro, "O mundo" aborda a evolución recente do estado-nación, con referencias ao que estar a pasar en diversas partes do planeta. A parte máis longa do ensaio adícase a Galiza, "Nós", centrándose principalmente na evolución do país nas últimas décadas do século, cunha referencia previa á herdanza histórica, cultural, social e económica que condiciona este período. O autor aborda cuestións relacionadas coa posición periférica de Galicia no ámbito europeo e cos elementos de dinamización e apertura.Remátase o libro cun apartado  sobre algunhas encrucilladas nas que probabelmente Galiza vai ter que  elixir, nos próximos vinte anos: a dialéctica entre subsídios e soberanía, a conformación dun País artellado ou desartellado, a consolidación dun modelo idiomático aberto ou pechado, e os criterios para competir nunha economía global que van dende a actual dimensión das nosas empresas, o crecimento do capital humano ata os recursos naturais e o noso patrimonio.O mundo e nós está redactado dende posicións abertas. Un libro, moi significativo no actual debate económico, político e social do país.

Altres llibres de l'autor a Llibreria Forum Babel

Xerais a Llibreria Forum Babel

  • Papapapú. Vacacións 3 anos
    Titulo del libro
    Papapapú. Vacacións 3 anos
    Campuzano Valiente, María Dolores
    Xerais
    No disponible

    15,10 €

  • Settecento
    Titulo del libro
    Settecento
    Calveiro, Marcos
    Xerais
    O badaleo de todos os campaniles de Venecia resoa en canles e pazos da  Serenísima República unha mañá do a...
    No disponible
  • LITERATURA GALEGA.3 BUP
    Titulo del libro
    LITERATURA GALEGA.3 BUP
    ramon gutierrez izquierdo / Gonzalo Navaza Blanco
    Xerais
    No disponible

    18,75 €

  • O brillo dos elefantes
    Titulo del libro
    O brillo dos elefantes
    Alonso, Fran
    Xerais
    No disponible

    10,40 €

  • Paxaros de papel
    Titulo del libro
    Paxaros de papel
    Aleixandre, Marilar
    Xerais
    Unha noite perseguindo o solpor máis alá de Fisterra, Rodrigo logrou dar caza ao sol antes de que afogase no ...
    No disponible

    16,40 €