Rosalía de Castro

Rosalía de Castro

Editorial:
Xerais
EAN:
9788499145655
Any d'edició:
Matèria
NARRATIVA
ISBN:
978-84-9914-565-5
Pàgines:
208
Enquadernació:
RUSTICA
idioma:
GALEGO
Ample:
170
Alt:
240
Disponibilitat:
DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)
Col·lecció:
EDICIÓNS SINGULARES GRANDES OBRAS

25,95 €

IVA inclòs
Comprar

Este libro constitúe o primeiro estudo iconográfico dedicado a Rosalía  de Castro e pertence a un xénero bibliográfico un tanto distinto, que  poderiamos chamar iconografía documental. Nel analízanse algunhas das  interpretacións que da imaxe e do espírito da poeta fixeron os artistas plásticos de distintas épocas que axudaron a identificala plenamente.
 A través da lectura das representacións iconográficas rosalianas, móstranse as súas múltiples facetas (Rosalía a lapis e a óleo; Rosalía  en cor ou en branco e negro; Rosalía como retrato realista ou caricatura; Rosalía como musa ou como símbolo...), procurando conxugar  a calidade do retrato co seu carácter representativo e coa diversidade formal e tratando, ao mesmo tempo, de darlle unha verdadeira historicidade que vaia máis alá dos lugares comúns preponderantes nos últimos anos.
 Unha escolma de retratos coa finalidade de que o estudoso ou o interesado por esta cuestión dispoña dun repertorio útil e axeitado para examinar as diversas modalidades que os artistas tentearon ao longo dos anos.
 Todo o material icónico que xerou a poeta contribuíu e contribúe a que  a súa figura sobreviva no tempo e alcance unha maior popularidade e visibilidade. E isto é importante, pero o máis interesante do «fenómeno Rosalía» é que esta imaxe parece ter hoxe unha vixencia inusual, chegando a converterse, sen dúbida, nunha peza fundamental do  noso imaxinario colectivo, na maior icona visual de Galicia.

Altres llibres de l'autor a Llibreria Forum Babel

Matèria a Llibreria Forum Babel

Xerais a Llibreria Forum Babel