Sarmiento, un intelectual ilustrado

Sarmiento, un intelectual ilustrado

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483026694
Matèria
BIOGRAFIES
ISBN:
978-84-8302-669-4
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
PETO

6,70 €

IVA inclòs

A excelente obra de Pilar Allegue é unha importantísima aportación sobre a figura á que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2002: Frei  Martín Sarmiento.O crítico Francisco Martínez Bouzas dixo sobre este traballo: ?O descoñecemento de Sarmiento e a súa obra non é conxuntural senón a consecuencia do amoreamento do silencio de tres séculos. Sarmiento é un home ilustrado en moitos aspectos, pero noutros é un rematado individualista, como sostén X. L. Pensado, un fondista solitario que nada contra a correntada das Luces. Censura as mediacións non desexables entre o intelecto e o libro da natureza, entre o individuo e a súa autonomía (...); E contrario ós caciques, á pena de morte, é un antimilitarista e un pacifista convencido así como  un defensor da igualdade das mulleres; Xa que logo as ideas de Sarmiento son enteiramente de hoxe e por elas foi considerado no seu tempo un erudito extravagante e arbitrario, cunha inmensa lectura, pero, segundo Felix de Azara, ?sen pizca de xuízo?. (...) Estudios como de Pilar Allegue axudan a arredar do anónimato nalgunha medida a verdadeira personalidade de Sarmiento, unha parte da súa obra e o rigor conceptual dun pensamento que é plenamente dos nosos días, e a súa afección apaixonada na defensa de Galicia, dos seus homes e do seu  idioma.

Altres llibres de l'autor a Llibreria Forum Babel

Matèria a Llibreria Forum Babel

Xerais a Llibreria Forum Babel