SÃganos, se lle prace, nesta viaxe que lle propoñemos para percorrer este tempo mÃtico que vai desde o 25 de decembro, suposta data de nacemento de Xesús, ata o 6 de xaneiro, dÃa do seu bautismo, outra forma de nacemento. Entremedias practicamos ritos, reunÃmonos para festexar, cantar, bailar e comer, tentamos a sorte, repoñemos enerxÃa e bos propósitos, e seguimos, ou cremos seguir fielmente tradicións que ao mellor non son tan «tradicionais» como cremosà No gran teatro das festas que se van sucedendo polo ano adiante, a escena que representamos colectivamente nos dÃas de Nadal constitúe o clÃmax, a esencia e o resume de todas elas pois sendo, como é, un final, reverdece en cada un de nós unha ilusión e unha esperanza polo que se anuncia que vai comezar.