Vinte cadernos

Vinte cadernos. Poemas 1969-2002

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483029404
Any d'edició:
Matèria
POESIA
ISBN:
978-84-8302-940-4
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
No disponible
Col·lecció:
CRONICA

25,70 €

IVA inclòs

"Vinte cadernos (Poemas 1969- 2002)" reune nun único volume toda a poesía publicada por Darío Xohán Cabana. A aparición do libro, prologado por Moncha Fuentes, coincide co cincuenta aniversario dunha das voces líricas galegas máis importantes dos últimos vintecinco anos. A prologuista organiza toda a obra poética de Cabana en tres etapas que abranguen os diversos libros ou cadernos: Mocidade, Afirmación e Madurez. A primeira etapa, á da Mocidade, corresponden os  tres primeiros libros ("Verbas a un irmao", "Home e terra", e "Romanceiro da Terra Chá"), textos publicados no remate dos anos sesenta e comezo dos setenta nos que xa se manifesta a fidelidade a unha terra, a unha casa, a unhas orixes, como constantes da súa obra. Na segunda etapa, a de Afirmación, abrangue as obras escritas por Cabana na década dos setenta. Comprende des anos de grande actividade literaria que, en boa parte, coinciden coa súa estancia en Vigo. Cadernos que tocan cordas diversas que van desde o neopopularismo e neotrobadorismo de "Cantigas dos setenta", "A sede, a auga", ata o ton  altamente político e social de libros varioscomo "Ferrol 72: Daniel e  Amador". Corresponden, tamén, a etapa de Madurez, xa na década dos oitenta en diante, obras tan sobranceiras como "A fraga amurallada", onde reina e triunfa o soneto; "Patria do mar", onde ondea burbulla a amizade e a cidade de Vigo; "Cantigas de amor vilao" e "Amor e tempo liso", onde o amor alampa como protagonista absoluto. Para Moncha Fuentes. "Darío Xohán Cabana é quen de nos regañar un universo, un mundo, a Nación que tan laboriosamente vén construíndo desque tiña dezasete anos e que agora se levanta alteirosa contra o tempo e a destrucción. Porque diso trata, a inmensa obra poética de Darío Xohán Cabana: dunha loita permanente, dun valado ergeuito contra a morte e o  esquecemento, realizado coas verbas máis fermosas e atroces dunha lingua única".

Altres llibres de l'autor a Llibreria Forum Babel

Matèria a Llibreria Forum Babel

Xerais a Llibreria Forum Babel

  • Traballando coa lingua. 1º ciclo de ESO
    Titulo del libro
    Traballando coa lingua. 1º ciclo de ESO
    Mosteiro García, Manuel Antón
    Xerais
    No disponible

    6,95 €

  • Miña nai é fantástica
    Titulo del libro
    Miña nai é fantástica
    Butterworth, Nick
    Xerais
    No disponible

    7,00 €

  • Deixádenos remar
    Titulo del libro
    Deixádenos remar
    CABALEIRO, ANA
    Xerais
    A vida nun modesto arrabalde vese trastornada coa construción dunha flamante urbanización de chalés acaroado...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    18,50 €

  • Historia de Ourense
    Titulo del libro
    Historia de Ourense
    Valcárcel, Marcos
    Xerais
    Este libro de Marcos Valcárcel constitúe unha achega, breve pero rigorosa, á historia de Ourense. A crónica...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    9,95 €

  • A crebeira Marabillas
    Titulo del libro
    A crebeira Marabillas
    Sendón, Olaia
    Xerais
    Marabillas é crebeira. Unha crebeira apaña as cousas que o mar trae á praia. Ás veces o mar tamén trae tes...
    DISPONIBLE (Lliurament en 1-2 dias)

    16,95 €