VIXIADOS - Represión, investigación e vixilancia na Galiza
 IBD

VIXIADOS - Represión, investigación e vixilancia na Galiza

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484874225
Matèria
HIST?RIA
ISBN:
978-84-8487-422-5
Pàgines:
272
idioma:
GALEGO
Ample:
200
Alt:
300
Disponibilitat:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Col·lecció:
ENSAIO

19,00 €

IVA inclòs
Comprar

VIXIADOS
Represión, investigación e vixilancia na Galiza da Guerra Civil (1936-1939)

O caso galego resulta de singular importancia  para abordar os mecanismos de control social tras o verán de 1936. O control das provincias galegas polos militares sublevados poucos días despois do golpe militar do 20 de xullo dotou este territorio -e esta sociedade- dunha especial singularidade. Porque o golpe non rematou en  poucas horas como tiñan previsto na planificación inicial, nin tan sequera en poucas xornadas coa carreira desesperada pola toma de Madrid... Durou mil días, case tres anos. Neste tempo de conflito bélico, Galiza converteuse nun laboratorio para facer medrar un novo modelo político.
Os traballos que conforman este libro están elaborados a partir da documentación galega que sobre o tema se conserva nos arquivos do Estado. A obtención e recollida de información tivo un papel determinante na construción do 'Novo Estado' e do mesmo réxime franquista. Toda a sociedade tiña que estar  baixo sospeita.
A autoconciencia de formar parte desta engrenaxe social, auspiciada e fomentada dende as altas instancias, foi fundamental para entender un xeito de funcionamento tan prolongado no tempo. Cadaquén tiña o seu papel nesta nova sociedade. O modelo non podía ser cuestionado, porque non había outro, non había alternativa.
Téñense escrito moitas liñas sobre o franquismo, mais o propósito que anima este traballo que tedes entre as mans e tentar explicar as orixes do mesmo e responder preguntas como: por que?, como?ou de que xeito?

Matèria a Llibreria Forum Babel

Laiovento (ibd) a Llibreria Forum Babel

  • Soños no limiar
     IBD
    Titulo del libro
    Soños no limiar
    Nº 2
    Mernissi, Fatema / Viéitez Ferro, Rocío
    Laiovento (ibd)
    Candemaia xorde da necesidade de que as candeas e estrelas que lle dan  nome acheguen luz a unhas vidas que un ...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    19,95 €

  • A irrelixiosidade en Occidente: a súa historia e vicisitude
     IBD
    Titulo del libro
    A irrelixiosidade en Occidente: a súa historia e vicisitude
    Flavio López López
    Laiovento (ibd)
    Esta obra procura abordar a existencia no seu devir histórico da irrelixiosidade, como fenómeno consistente n...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    17,95 €

  • Recompondo un país magoado
     IBD
    Titulo del libro
    Recompondo un país magoado
    Manuel Cabada Castro
    Laiovento (ibd)
    Esta obra contén relatos, propostas, reflexións e denuncias sobre a reivindicación da Galiza, a súa dignida...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    19,95 €

  • A vontade de cambiar
     IBD
    Titulo del libro
    A vontade de cambiar
    bell hooks
    Laiovento (ibd)
    Neste libro bell hooks convoca os homes para o cambio e chama as mulleres a axudar nesa transformación. Presé...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    17,95 €

  • O spleen de París
     IBD
    Titulo del libro
    O spleen de París
    Charles Baudelaire
    Laiovento (ibd)
    Ao percibir que o poema versificado non lle permitía alcanzar a verdadeira modernidade poética, Baudelaire in...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,96 €