1936. Os primeiros días

1936. Os primeiros días

Editorial:
Xerais
EAN:
9788475077604
ISBN:
978-84-7507-760-4
Páginas:
130
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
CRONICA

15,20 €

IVA incluido

Tense dito infinidade de veces que en Galicia non existe a memoria republicana. Que non queda xente de esquerdas que vivise nos te,mpos de Atila en Caliza debuxados coa man sempre fiel á verdade de Castelao. E certo que os fascistas, os falanxistas, os asasinos, despois da guerra civil que aquí non houbo, fixeron todo o posible porque ninguén que fose defensor da República chegase a vello. Pero aínda así, gracias a que soportaron vivir sepultados durante décadas, gracias ó exilio e ó silencio, houbo aínda moitos republicanos que sobreviviron á barbarie fascista. Os que dende logo acordan aqueles tempos, se non morreron na cama, son os propios falanxistas, os colaboradores do réxime, os que viviron á súa sombra e foron en moitos  casos responsables directos ou indirectos dos centos de crimes cometidos, e polos que nunca pagarán perante a xustiza.Estes son os protagonistas do libro 1936, os primeiros días. O equipo de investigación HISTORGA (Historia Oral de Galicia) vén promovendo a recollida de testemuños orais, como fonte principal da reconstrucción de acontecementos históricos e aínda decisivos socialmente na actualidade.Dirixidos polo historiador Marc Wouters, María José V ázquez, Silvia Gómez, Xurxo Pantaleón, José Antonio Pérez, Julio Prada, Xosé Manuel Núñez e Antonio Giráldez procuraron esas voces, esa  memoria, esa verdade sobre os días inmediatos á sublevación militar fascista de 1936 e fixérono en Vigo, Betanzos, A Guarda, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Seixalbo e Ourense, dando así unha visión de conxunto sobre os dramáticos acontecementos que frustraron o avance das forzas progresistas en Galicia.

Xerais en Llibreria Forum Babel

  • Pompas De Xabon 5 Anos. Metodo Completo
    Titulo del libro
    Pompas De Xabon 5 Anos. Metodo Completo
    Campuzano Valiente
    Xerais
    No disponible

    104,00 €

  • Cidades
    Titulo del libro
    Cidades
    Nº 46
    Alonso, Fran
    Xerais
    Recoñecido e unanimamente aplaudido, Cidades converteuse nestes anos nun referente da poesía infantil debido,...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    10,50 €

  • Interferencias
    Titulo del libro
    Interferencias
    Nº 378
    Seixas, Manuel
    Xerais
    Ela, María, traballa como fisioterapeuta na residencia Miguel Hernández, un centro privado de persoas maiores...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    20,50 €

  • O voluntariado social
    Titulo del libro
    O voluntariado social
    González Avión, Santiago
    Xerais
    Neste tempo de recoñecemento do voluntariado, o autor propón nun mesmo  texto ensaístico un manifesto a prol...
    No disponible

    19,50 €

  • A ra
    Titulo del libro
    A ra
    Lluch Girbés, Enric
    Xerais
    María, o seu papá e a súa mamá van de excursión ás brañas e atopan unha ra. ¿E ou non é un príncipe e...
    No disponible

    6,40 €