A carreira do salmón

A carreira do salmón

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483027035
ISBN:
978-84-8302-703-5
Idioma:
GALEGO
Ancho:
140
Alto:
220
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
CRONICA

21,95 €

IVA incluido

A carreira do salmón é agónica, unha forma de vivir e avanzar coma unha condea. Este libro, escrito con labaradas de rabia e refachos de frustración, fala máis dos esforzos e da canseira dos que intentan realizar a ilusión da liberdade desde a Galiza que dos froitos e avances conseguidos na última década nesa angueira. A carreira do salmón, unha antoloxía da obra xornalística de Suso de Toro, preparada  por Maruxa Guitián Montero, tanto da publicada como da que ata agora permaneceu inédita, recolle a mirada vivificante do escritor que esculca o mundo que o rodea, a sensibilidade do artista que non permanece xordo ou cego diante dos problemas que se presentan na sociedade do seu tempo. Suso de Toro escribe dende a súa subxectividade sobre os máis diversos temas sociais e políticos do noso tempo (dende a contaminación acústica ás tripas do actual mundo tecnolóxico, dende o debate sobre a legalización das drogas á pobreza económica e moral na que viven milleiros de persoas, dende a discriminación das mulleres ás voces do pensamento solidario, dende o futuro do idioma ao papel dos creadores, dende a problemática nacional  galega á configuración política do estado... e faino dende un pensamento radicalmente individual, lucidamente contemporáneo e insubmiso, achegándose ao colectivo e tomando partido ata mancharse: polas causas do humanismo, da nación, do mundo, da vida, da esperanza.  Para Suso de Toro nesta carreira do salmón o futuro só queda aberto para os que teñan azos e vontade.

Otros libros del autor en Llibreria Forum Babel

  • Círculo
    Titulo del libro
    Círculo
    De Toro, Suso
    Xerais
    No disponible
  • Land Rover
    Titulo del libro
    Land Rover
    De Toro, Suso
    Xerais
    En Land Rover, Suso de Toro, con intachable sentido da progresión narrativa, bríndalles ós seus lectores unh...
    No disponible
  • Ambulancia
    Titulo del libro
    Ambulancia
    De Toro, Suso
    Xerais
    A través dun argumento sinxelo e concentrado, "Ambulancia" relata a historia fatal de Petete e Pequeno, dous d...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,95 €

  • Unha rosa é unha rosa
    Titulo del libro
    Unha rosa é unha rosa
    De Toro, Suso
    Xerais
    "Unha rosa é unha rosa (Unha comedia de medo)" é unha traxicomedia onde non falta nin o humor, nin a aceda cr...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,95 €

  • Polaroid
    Titulo del libro
    Polaroid
    De Toro, Suso
    Xerais
    A publicación de «Polaroid» supuxo un fito na literatura galega moderna e provocou un decidido cambio de rum...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    18,95 €

Xerais en Llibreria Forum Babel

  • Flanagan de luxe
    Titulo del libro
    Flanagan de luxe
    Martín Ferrero, Andreu / Ribera Montaña, Jaume
    Xerais
    Juan Anguera Flanagan é un adolescente afeccionado á investigación privada, con moita sona entre os seus col...
    No disponible

    11,35 €

  • Medicina, médicos, menciñeiros e drogas
    Titulo del libro
    Medicina, médicos, menciñeiros e drogas
    Senior, Kathryn
    Xerais
    No disponible

    9,19 €

  • Carmín
    Titulo del libro
    Carmín
    Tabuyo, Domingo
    Xerais
    Nun mesmo día Rafa Meruelo coñecerá dúas noticias inesperadas que mudarán o trancurso da súa vida: atopar...
    No disponible

    14,50 €

  • Dúas bágoas por Máquina
    Titulo del libro
    Dúas bágoas por Máquina
    Casalderrey, Fina
    Xerais
    No disponible

    6,60 €

  • Os meus ollos
    Titulo del libro
    Os meus ollos
    Fonte Crespo, Ramiro
    Xerais
    Coa intención de recuperar o tempo e lugar da súa infancia, a vila mariñá de Pontedeume, Ramiro Fonte conve...
    No disponible

    22,15 €