A cor do ceo

A cor do ceo

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483024133
ISBN:
978-84-8302-413-3
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
LITERARIAS SINGULARES

20,60 €

IVA incluido

A cor do ceo (un libro e un CD audio) Braxe ofrece unha das creacións máis insólitas do panorama literario galego.Un libro de relatos, de aventuras cuspidas por unha melancolía activa e vitalista. Relatos que  son unha travesía polas calores do Trópico, polo mar onde se encontran as almas, pola sinfonía dun novo mundo, para rematar en "Galicia, mon amour". No CD recóllese a dramatización dalgúns dos relatos, a cargo dun longo plantel de actores galegos. Os textos de Braxe nas voces de Tuto Vázquez, Rosa Alvarez, Miguel Pernas, Antonio F. Simón, Xavier Estévez, Flor Maceiras, Laura Sarasola, Gonzalo M. Uriarte, María Bouzas, Manuel Rivas, Víctor Lorenzo e Nazah e Sanaila Braxe.Para Manuel Rivas, autor do prólogo do libro "¡Isto é literatura! Da boa. E vida. Ou sexa, a vida que merece, que transcende  a vidiña. O que ofrece Lino Braxe en A cor do ceo é unha creación insólita no panorama literario galego. Este é o libro dun corsario. O caderno de bitácora dun escritor súbdito de nada e mais de ninguén. Comprometido, iso si, cos alalás dos solitarios, cos aturuxos do pobo que elixiu o lugar dun exilio antes que o deslugar da rendición. Estes relatos emocionan, conmoven, e, sobre todo, animan. Fan soltar as amarras que nos teñen suxeitos ao norai enferruxado da rutina, do conformismo e do peirao das trapalladas prescindibles. Unha crenza antiga fala de que as nosas almas, cando ceibes, toman a forma de dorna e navegan cara ao oeste no luscofusco da vida. Así son os relatos de Lino Braxe. Brincadeiras naves de linguaxe, luz e inesquecibles pezas dun tesouro fisterrán que emergulle xusto no seu momento."

Otros libros del autor en Llibreria Forum Babel

Xerais en Llibreria Forum Babel

  • O Estatuto de Galicia
    Titulo del libro
    O Estatuto de Galicia
    Sarmiento Méndez, Xosé Antón
    Xerais
    "O Estatuto de Galicia. 20 anos de parlamento e xustiza constitucionais" é unha obra que pon ó día a praxe a...
    No disponible

    33,25 €

  • UNHA LECTURA/DE CATRO A CATRO.GUíA LECTURA XER
    Titulo del libro
    UNHA LECTURA/DE CATRO A CATRO.GUíA LECTURA XER
    Pena, Xosé Ramón
    Xerais
    No disponible

    7,00 €

  • 22 SEGUNDOS
    Titulo del libro
    22 SEGUNDOS
    Nº 171
    Mejuto, Eva
    Xerais
    O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía  sendo hora de existir. Ata ese mome...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,95 €

  • Poetízate
    Titulo del libro
    Poetízate
    Alonso, Fran
    Xerais
    A POESIA non morde. E, aínda que haxa quen pense o contrario, non é aburrida, romanticona nin difícil. Esta ...
    No disponible

    11,00 €

  • Peixes, réptiles e mamíferos
    Titulo del libro
    Peixes, réptiles e mamíferos
    Parker, Jane / Parker, Steve
    Xerais
    No disponible

    13,47 €