A cuestión política na persoa e no pensamento de Martin He
 IBD

A cuestión política na persoa e no pensamento de Martin He

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484875819
Materia
FILOSOFIA
ISBN:
978-84-8487-581-9
Páginas:
256
Idioma:
CASTELLANO
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
ENSAIO

A cuestión política na persoa e no pensamento
de Martin Heidegger
Autor: Xesús Vázquez Méndez
Se un escoita a testemuña de moitos dos estudosos que tiveron algún contacto con Heidegger, que presenciaron as súas leccións universitarias ou asistiron ás súas conferencias ou seminarios, é fácil quedarse coa impresión de que estiveron en presenza dun auténtico oráculo filosófico. Mais, o brillante futuro que parecía abrírselle a esta filosofía, rapidamente se escureceu ao caer sobre ela a sombra do nazismo. Pero é sobre todo despois da publicación dos Cadernos negros que, como sinala o seu editor Peter Trawny, o nome de Heidegger vai inevitablemente unido a un caso de disputa para todo o que queira adentrarse no seu pensamento. Parece, entón, que unha visión integral da súa filosofía non pode eludir esta cuestión, por moito que exista un inxente número de intérpretes que consideran o nexo pensamento-política en Heidegger infundado ou baseado en malentendidos.

Neste ensaio abórdase esta polémica co obxectivo de proporcionarlle unha resposta ou, cando menos, aportar sobre ela unha perspectiva filosófica que afecta ao corazón mesmo do pensamento heideggeriano. Basicamente, despois dunha breve referencia a certos feitos históricos, o traballo divídese en tres partes: coméntanse algúns textos heideggerianos ineludibles de contido político, preséntase o debate filosófico sobre o asunto Heidegger desde a selección duns poucos autores significativos e, por último, o autor ofrece unha visión da conexión entre filosofía e política en Heidegger que explicaría o seu compromiso ideolóxico co nacionalsocialismo.

Otros libros del autor en Llibreria Forum Babel

Materia en Llibreria Forum Babel

Laiovento (ibd) en Llibreria Forum Babel

  • (RE)IMAXINANDO O UNIVERSO URBANO
     IBD
    Titulo del libro
    (RE)IMAXINANDO O UNIVERSO URBANO
    XOSÉ CONSTENLA VEGA
    Laiovento (ibd)
    Desde formulacións da crítica cultural neomarxista e desde a comprensión da teoría da solución espacial, o...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    15,00 €

  • A loita dos perdedores
     IBD
    Titulo del libro
    A loita dos perdedores
    Luís Lamela
    Laiovento (ibd)
    Nas páxinas deste libro, plenas de pegadas, de vestixios e de rostros,  trazouse o obxectivo de enfocar e talv...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    24,95 €

  • 1968
     IBD
    Titulo del libro
    1968
    Vitor Vaqueiro
    Laiovento (ibd)
    A data crucial de 1968 exerce uma força dedobre direção, centrífuga e centrípeta, emexpansão cara a outro...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    15,00 €

  • ESTRUTURA ECONÓMICA DE GALIZA
     IBD
    Titulo del libro
    ESTRUTURA ECONÓMICA DE GALIZA
    X. Fdez. Leiceaga / E. López Iglesias
    Laiovento (ibd)
    ESTRUTURA ECONOMICA DE GALIZA ten como obxectivo subministrar a un público amplo as informacións e análises ...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    40,00 €

  • IDEOLOXÍA E AUTONOMÍA NO CAMPO LTERARIO GALEGO
     IBD
    Titulo del libro
    IDEOLOXÍA E AUTONOMÍA NO CAMPO LTERARIO GALEGO
    ANTÓN FIGUEROA LORENZANA
    Laiovento (ibd)
    Título: IDEOLOXÍA E AUTONOMÍA NO CAMPO LITERARIO GALEGOAutor: ANTÓN FIGUEROA LORENZANANo rexurdimento da cu...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    16,00 €