A gaita gallega

A gaita gallega

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483029275
Año de edición:
Materia
LITERATURA CLASICA
ISBN:
978-84-8302-927-5
Páginas:
440
Encuadernación:
LIBRO EN OTRO FORMATO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
130
Alto:
190
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS

22,95 €

IVA incluido

A gaita gallega tocada polo gaiteiro, ou sea carta de Cristus para ir deprendendo a ler, escribir e falar ben a lengua gallega, e aínda máis  é o primeiro libro en galego -aínda que contén textos en castelán- publicado por un autor da xeración dos Precursores. A gaita gallega foi editada por entregas ao longo do ano 1853 pola imprenta de D. José  y D. Primitivo Vilas de Pontevedra e constitúe o libro fundacional do  Rexurdimento e mesmo a obra programática deste movemento. Estructurada en sete foliadas de extensión desigual, a parte principal  da obra está constituída polo diálogo entre dous personaxes, o tamborileiro Pedro Luces, un mozo de orixe castelá, e o gaiteiro que vive no Burgo pequeno, barrio da cidade de Pontevedra. Por medio deste  diálogo, Pintos amosa, entre outros aspectos, unha descrición fiable da situación económica e social de Galicia, en especial de Pontevedra e do contexto sociolingüístico do idioma, a carón dun conxunto de exhortacións dirixidas á propia sociedade co obxectivo de modificala. O tema central da obra e o seu obxectivo primeiro é a defensa de Galicia e, como consecuencia, a reivindicación e a defensa dos seus costumes, dos seus lugares, das súas xentes e, por suposto, da súa lingua. A crítica aos comportamentos que provocan o estancamento do país, a presentación de alternativas viables para mellorar a situación  ou a simple presentación de argumentos para apoiar esas reprensións públicas son os mecanismos dos que se vale o autor para a consecución da súa finalidade. Pintos artella esta defensa sobre varios eixos temáticos: a descrición e enxalzamento da lingua galega; a análise da situación económica, sobre todo dos labregos, que se presenta como catastrófica; a vida dos emigrantes, presentada como a propia duns escravos modernos cos que se comercia; o mal funcionamento dos distintos órganos da Administración, exemplificado fundamentalmente na  administración da xustiza.

Otros libros del autor en Llibreria Forum Babel

  • A gaita galega
    Titulo del libro
    A gaita galega
    Pintos, Xoan Manuel
    Maxtor editorial
    A Gaita Gallega tocada po lo gaiteiro, ou sea Carta de Cristus para ir  deprendendo a ler, escribir e falar ben...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 dias..)

    9,00 €

Materia en Llibreria Forum Babel

Xerais en Llibreria Forum Babel

  • As illas dos deuses
    Titulo del libro
    As illas dos deuses
    Parcero, Serafín
    Xerais
    Bos Aires, 1948. Castelao acaba de pronunciar o discurso "Alba de groria" nun momento en que xa sabe que ten a ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    23,50 €

  • Sibila
    Titulo del libro
    Sibila
    Aneiros, Rosa
    Xerais
    É noite, a marea vai para arriba e chove a esmadrasar cando unha muller penetra ás agochadas nunha illa pract...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    18,95 €

  • A metamorfose do dragón
    Titulo del libro
    A metamorfose do dragón
    Gallego Abad, Elena
    Xerais
    Coa policía investigando o estraño roubo da igrexa de San Pedro, Mónica prepárase para acudir á súa cita ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,90 €

  • Roberto Vidal Bolaño e os oficios do teatro
    Titulo del libro
    Roberto Vidal Bolaño e os oficios do teatro
    Rodríguez, Roberto Pascual
    Xerais
    Este libro pretende divulgar, dun xeito amplo e comprensible para todas as idades e intereses, as profesións v...
    No disponible

    10,15 €

  • Somos os monstros
    Titulo del libro
    Somos os monstros
    Nº 299
    Carballeira, Paula
    Xerais
    Unha nena e un neno pérdense cando saen a xogar no bosque arrasado polo último incendio. Un monstro grande e ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,50 €