A memoria de Mondariz-Balneario

A memoria de Mondariz-Balneario

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497820233
Año de edición:
ISBN:
978-84-9782-023-3
Páginas:
96
Encuadernación:
TAPA DURA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
ALBUM DE POSTAIS

9,90 €

IVA incluido

O presente álbum de postais, A memoria de Mondariz-Balneario, preparado por Carlos Díaz Martínez, recolle case un cento de postais, mapas, soportes publicitarios, gravados e litografías sobre Mondariz-Balneario, a primeira das vilas termais de Galicia. Un volume  que recolle as series de tarxetaspostais editadas por Hauser y Menet,  Madrid Postal, a editorial Thomas de Barcelona, o prestixioso editor Kisch de Berlín ou as do fotógrafo e editor barcelonés L. Roisin; así como as series editadas polo propio establecemento balneario, que dispoñía de prelo propio, editadas a maior parte delas en francés, co obxecto de darse a coñecer a nivel europeo e mundial, así como para que os seus clientes as utilizasen na correspondencia. O volume recolle, tamén, o valioso traballo documental dos fotógrafos e editores locais como José Faro Blanco, J.G. Baños ou Peral. A colección documental do volume vai precedida dun limiar de Gerardo Alvarez Limeses, extraído da "Geografía General del reino de Galicia",  editada en Barcelona en 1936, onde o polígrafo tudense realiza unha completísima descrición do Mondariz-Balneario dos tempos da IIª República, o concello en extensión máis pequeño de España. No volume preséntase as vistas xerais dispoñíbeis do concello, as construccións máis destacadas da vila, as instalacións do Gran Hotel e das súas dependencias e salóns, as fontes de Gándara e Troncoso, o ambiente de auguistas, as paisaxes do río Tea e do lago das Pías, as pontes de Cernadela e Canta a Ra, así como escenas costumistas de carácter rural. Destaca, tamén, no volume a reproducción de elementos publicitarios do Balneario e da empresas Augas de Mondariz, así como a  dun acción do capital de fundación da Compañía Anónima Tranvía de Mondariz a Vigo de 1915.

Xerais en Llibreria Forum Babel

  • Formigas. Misión Samaín
    Titulo del libro
    Formigas. Misión Samaín
    Nº 03
    Tobaruela, Pere
    Xerais
    FORMOS4, FORX4N, FORNEL4 e FORM4IL son os catro integrantes das FORMIG4S, unha brigada especial que vai ata cal...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,50 €

  • O neno perdido
    Titulo del libro
    O neno perdido
    ´De Toro, Xelís / Bueno Capeans, Francisco´
    Xerais
    Anda o mar revolto, barcos dun lado a outro, dando voltas sen ton nin son.-Con este batifolio non nos deixan pe...
    No disponible

    14,00 €

  • O meu irmono
    Titulo del libro
    O meu irmono
    O Hematocrítico
    Xerais
    Marta ten un irmán moi raro. É un mono! Un conto de humor sobre as diferentes formas de ver o mundo. ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    11,50 €

  • FISICA QUIMICA 3º.ESO.SECUNDARIA
    Titulo del libro
    FISICA QUIMICA 3º.ESO.SECUNDARIA
    Porto Becerra, María Dolores / Rodríguez Pérez, Esperanza
    Xerais
    No disponible

    18,30 €

  • O rescate do unicornio
    Titulo del libro
    O rescate do unicornio
    Vigo, Ana
    Xerais
    Se a Iria lle dixesen que ía ver un unicornio de verdade, non o crería; e se lle falasen dos seres mitolóxic...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,95 €