A memoria de Tui

A memoria de Tui

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483029114
Año de edición:
Materia
FOTOGRAFIA
ISBN:
978-84-8302-911-4
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
ALBUM DE POSTAIS

9,90 €

IVA incluido

Memoria de Tui, un libro que recolle a memoria gráfica da cidade fronteiriza no primeiro tercio do século XX.Volume preparado por Carlos Díaz Martínez, reproduce e cataloga oitenta e catro pezas gráficas, a maior parte delas tarxetas postais circuladas, e editadas,  tamén na súa maioría, pola iniciativa de fotógrafos e establecementos  tudenses como Bazar Hermida, Salvador Fernández (Las Colonias), F. Baquero (de Casa Figuerola) e J. Gándara; ademais doutras achegas tiradas do Portfolio Galicia, editado en 1904, que inclúe fotos do coruñés Pedro Ferrer e dos fotógrafos Páramo e Bugarín. Outros fotógrafos que participan neste legado de memoria son os clásicos Roisin e Ksado.Atopamos, tamén, os primeiros documentos gráficos editados de Tui, datados a mediados do século XIX, ilustracións de libros e da prensa "ilustrada" realizados mediante técnicas de augafortes ou de gravados en estereotipia. Este é o caso do gravado de  Joseph Skelton, unha fermosa paisaxe do Miño entre Tui e Valença, publicada nun libro inglés en 1840, ou da vista da Catedral, ou da Ponte Internacional, publicadas pola Ilustración Gallega y Asturiana en 1879 e 1880, respectivamente, evocadoras daquel Tui que fora unha das capitais do antigo Reino de Galicia e sé episcopal ata arestora.Iniciamos o percorrido coa imaxe de "O gaiteiro de Guillarei"  (1903) e das vistas panorámicas da vila, da Ponte Internacional e do Miño. Continuamos cos gravados e fotografías da Catedral e dos seus tesouros; coas instantáneas da vida cidadá na Corredoira, no paseo de Elduayen, na Glorieta e na Alameda, na Praza da Inmaculada; nos arrabalde de San Domingos e da Canicouba. O volume complétase, nas súas páxinas finais, con postais do río Louro, e dos muíños e do traballo aldeán de Caldelas de Tui.O material gráfico de A memoria de Tui vai precedido por unha evocación literaria da vila, preparada por Roque Cameselle. Un texto rico e moi documentado que constitúe unha viaxe paralela pola memoria da cidade.

Materia en Llibreria Forum Babel

  • Sólo para mis ojos
    Titulo del libro
    Sólo para mis ojos
    Garci, José Luis
    Notorious
    No disponible

    19,95 €

  • La huida
    Titulo del libro
    La huida
    Fernández Salvadores, Jesús
    Eolas
    Jesús F. Salvadores (León, 1975) trabaja desde 1998 como fotoperiodista para diversos medios de comunicación...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 dias..)

    25,00 €

  • CÓMO HACER BUENAS FOTOS
    Titulo del libro
    CÓMO HACER BUENAS FOTOS
    Navarro Ros, Fructuoso
    Anaya multimedia
    ¿Sabe que buena parte de lo que vemos se lo inventa el cerebro? La genética y los valores adquiridos determin...
    No disponible

    19,95 €

  • NEW GESTURES
    Titulo del libro
    NEW GESTURES
    KRIJNO,NICO
    L´artiere
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    44,99 €

  • CLOSER
    Titulo del libro
    CLOSER
    MELLADO, JOSÈ MARÍA
    Anaya multimedia
    "LUCES EXTRAÑAS Y HERMOSAS"  Acaso lo que transmiten algunos de los paisajes es una particular sensi...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 dias..)

    35,95 €

Xerais en Llibreria Forum Babel