A memoria do boi de Xosé Vázque Pintor foi merecedora do Premio Torrente Ballester 2000 outorgado pola Deputación Provincial da Coruña. Esta é unha novela polifónica, de voces e de ecos que transparentan o distinto, o diferente dentro desa atmosfera sórdida dunha vila de beiramar e rÃo, ó longo de máis de medio século en que se respiraba o aire das tres guerras. O Campo do boi, referente aÃnda vivo na Moureira pontevedresa, dá pé á imaxe simbólica do animal metafórico de Galicia: paso firme e vagoroso, resistencia, lealdade, forza, memoria...A cidade antiga de Pontevedra cativou ó autor e moveuno a recrear as biografÃas dun tempo difÃcil sobre eses espacio cheo de maxia, onde a Pedra, o RÃo e o Mar han ser a textura e o formato para un friso poético no que a palabra vai tecendo os fÃos dos personaxes singulares de Boapedre. Un broslado de estampas que brillan coma ourives sobre un fondo claro ou gris, incerto ou desolado, na rebelión dos soños.