A modelo de Paco Asorei

A modelo de Paco Asorei

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483028346
Año de edición:
Materia
LITERATURA CLASICA
ISBN:
978-84-8302-834-6
Idioma:
GALEGO
Ancho:
130
Alto:
190
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
BIBLIOTECA DAS LETRAS GALEGAS

17,40 €

IVA incluido

Publicada por vez primeira no ano 1933 pola editorial Nós de Anxel Casal, A modelo de Paco Asorei é unha peza romántica e sentimental, ambientada na Compostela de inicios do século XX, que relata unha apaixonada historia amorosa entre o xove estudiante Diego de Longarela  e a poeta ourensá Lucinda de Gundisal. Con anterioridade, fragmentos da parte inicial do libro foran aparecendo por entregas no semanario El País Gallego, que o seu autor, Xoán Xesús González, fundara en 1927.A acción da novela céntrase na idílica relación sentimental que manteñen os dous mozos ao longo de dous intensos meses que ela pasa en  Compostela. Chegan mesmo a facer un xuramento de mutua fidelidade ao xeito peculiar da literatura romántica, neste caso coa Virxe da Corticela como testemuña. Precisamente no ambiente compostelán prodúcese o feito que dá título á novela: a decisión de que o escultor  Paco Asorei faga un busto da moza. Elemento que en principio puidera parecer anecdótico pero que para o autor terá un profundo sentido simbólico no relato. Desde o momento en que o escultor comeza a obra nace no protagonista unha nova visión da súa amada, que se lle presenta como máis sensual, mesmo erótica. A obra escultórica nunca chegaría a estar completamente rematada debido a múltiples interrupcións provocadas por unha especie de ciñumes que a protagonista chega a sentir pola súa propia imaxe en xeso, e que lle provocarán constantes indisposicións. A ruptura do pacto amoroso por parte da moza, que acaba accedendo, ante as presións familiares, a casar cun adiñeirado mozo ao que non ama, provoca que Diego se abstraia da realidade e renuncie por completo ao amor por ningunha muller.A presente edición de A modelo de Paco Asorei, preparada por Marcos Seixo Pastor, pretende reactivar a figura intelectual de Xoán Xesús González, ademais de poñer a disposición do grande público a que  pode considerarse a primeira novela erótica da literatura galega.

Materia en Llibreria Forum Babel

Xerais en Llibreria Forum Babel

  • Polaroid
    Titulo del libro
    Polaroid
    De Toro, Suso
    Xerais
    Polaroid é un libro de narracións que enlaza tanto coa cultura underground dos anos setenta como co tempo da ...
    No disponible

    17,60 €

  • Magog
    Titulo del libro
    Magog
    González Lorenzo, Dolores
    Xerais
    Magog contribúe de xeito decisivo, mediante unha sabia mestura de ficción literaria e documentación rigorosa...
    No disponible

    16,15 €

  • A era de Acuario
    Titulo del libro
    A era de Acuario
    Pena Sánchez, Xosé Ramón
    Xerais
    A era de Acuario, así comeza o primeiro verso da canción que abre a ópera rock Hair ¿Casualidade? Nada é c...
    No disponible

    13,35 €

  • Camiño de sirga
    Titulo del libro
    Camiño de sirga
    Moncada, Jesús
    Xerais
    A obra de Jesús Moncada, multipremiada e traducida ás principais linguas do mundo, foi saudada pola crítica ...
    No disponible

    15,80 €

  • Follas novas
    Titulo del libro
    Follas novas
    Castro, Rosalía de
    Xerais
    Rosalía de Castro (1837-1885) publicou Follas novas en 1880, comprometida como estaba na recuperación e digni...
    No disponible

    13,20 €