A noite branca

A noite branca

Nº:
332
Editorial:
Xerais
EAN:
9788499144603
Año de edición:
Materia
NARRATIVA
ISBN:
978-84-9914-460-3
Páginas:
416
Encuadernación:
RUSTICA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
150
Alto:
220
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

23,95 €

IVA incluido

Marcos sente a necesidade de coñecer e contar unha parte esquecida do seu pasado familiar cando descobre varias fotografías e un feixe de cartas escritas por un voluntario da División Azul, enviadas desde a fronte rusa en 1941, e atopadas no interior dunha caixa de marmelo. Coa axuda da súa nai, o escritor inicia un proceso de investigación e de recuperación da memoria que o leva desde A Habana da emigración galega ata a fronte do río Volchov e o cerco de Leningrado, atravesando a Europa sacudida pola II Guerra Mundial. Catro voces van debullando un conxunto de historias entretecidas, que son protagonizadas por unha galería de personaxes entre os que destacan Alfredo, o autor das cartas; a súa nai María Luísa; os membros do pelotón do que el forma parte; cidadáns rusos atrapados pola crueldade  da guerra; nenos, exiliados republicanos; xudeus e soldados alemáns que son testemuñas da viaxe da División cara á fronte do leste. Coa ribeira do Miño como centro e un mundo convulso como escenario, Fernández Naval constrúe en A noite branca unha narración emocionante,  intensa, que lle permite recobrar personaxes e xeografías da súa primeira novela O bosque das antas (Premio Xerais 1988). A noite branca é unha novela de gran calado, de lectura seductora e decisiva na traxectoria literaria de Fernández Naval.

Otros libros del autor en Llibreria Forum Babel

Materia en Llibreria Forum Babel

Xerais en Llibreria Forum Babel

  • Manuel Antonio
    Titulo del libro
    Manuel Antonio
    Axeitos Agrelo, Xosé Luís
    Xerais
    Manuel Antonio embarcou en 1926 no Constantino Candeira para navegar a  vela os douscentos días de mar precept...
    No disponible
  • A cociña do Camiño de Santiago
    Titulo del libro
    A cociña do Camiño de Santiago
    Kukinhas, Elisa
    Xerais
    Logo do éxito de A viaxe culinaria de Kukinhas. A volta ao mundo en 50  receitas, Elisa, a autora do coñecido...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    30,50 €

  • As flores do meu amigo
    Titulo del libro
    As flores do meu amigo
    Fernández Lorenzo, Rafael
    Xerais
    Estamos no século XIII, no reinado de Afonso X, o Sabio. Paio Gómez Chariño, o trobeiro autor de cantigas ex...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    10,50 €

  • Guía de campo da Galicia Encantada
    Titulo del libro
    Guía de campo da Galicia Encantada
    Reigosa, Antonio
    Xerais
    Un libro para divulgar a nosa cultura popular. Unha manchea de mitos, lendas, ritos, contos, saberes e sucedido...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,50 €

  • Mediometrópole e os superheroes
    Titulo del libro
    Mediometrópole e os superheroes
    Nº 341
    López, Carlos
    Xerais
    Perturbando a tranquilidade da apracible urbe de Mediometrópole irrompe un aterrador monstro, un xigantesco sa...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,50 €