A prensa en Galicia na transición

A prensa en Galicia na transición

Editorial:
Xerais
EAN:
9788491210689
Año de edición:
Materia
HISTORIA
ISBN:
978-84-9121-068-9
Páginas:
528
Encuadernación:
RUSTICA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
170
Alto:
245
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
CRóNICA

Que papel xogou a prensa galega durante a Transición política? Foi por  diante ou por detrás da sociedade? Que posición adoptou ante a reivindicación dunha autonomía de primeiro nivel para Galicia? A Transición configúrase como o momento fundacional do sistema democrático vixente, da actual organización política e da estrutura socioeconómica; tamén da estrutura de medios. Todos eles postos en cuestión recentemente nunha crise ligada ao esgotamento desa estrutura  fundacional.
 Os xornais son a testemuña do seu tempo e, á vez, unha ferramenta fundamental para darlle forma. Ao longo da Transición, a prensa serviu  de escenario para a loita entre varios proxectos de sociedade e, en maior ou menor grao, foi escaparate das ansias de cambio. A iso contribuíu a chegada ás redaccións dunha nova xeración de xornalistas que, grazas a unha liberdade da que hoxe carecerían na maior parte das  empresas, sinalaron un camiño para a democratización do país e tamén para as demandas de autogoberno.
 En A prensa en Galicia na Transición, Marcos Pérez Pena realiza un minucioso percorrido polos principais acontecementos sociopolíticos da  época para recoñecer o papel determinante dos xornais no seu desenvolvemento. Moitas cousas mudaron despois, a partir de 1980, unha  vez consolidado o proceso de Transición e fixados os límites do consenso. Tamén nos medios, onde os xornalistas viron moi limitada a súa autonomía.

Otros libros del autor en Llibreria Forum Babel

Materia en Llibreria Forum Babel

Xerais en Llibreria Forum Babel