A rata

A rata

Editorial:
Xerais
EAN:
9788475078878
ISBN:
978-84-7507-887-8
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

17,00 €

IVA incluido

A rata é unha novela dura e fascinante na que unha rata nos conta a súa vida cun estilo seco e conciso, sen adornos, intenso e agresivo como a historia mesma. Asistimos ó seu nacemento, ó seu proceso de aprendizaxe, ós primeiros contactos co seu maior inimigo, o home, ás súas loitas pola supervivencia, á súa destreza na arte de matar: a supervivencia é unha loita continua na que ou matas ou morres. E a súa  vida convértese así nun continuo fuxir da morte a través da morte. Percorremos con ela rúas e sumidoiros, de cidade en cidade, sempre pendentes dos múltiples perigos que asexan en cada esquina: cans, gatos, curuxas, trampas e velenos, outras ratas e, sobre todo, o home,  o perigo maior. Pero a medida que a rata vai coñecendo mellor ó home,  vaise dando de conta de que é máis débil do que parece, de que non é tan distinto dela como supoñía: os homes tamén poden ser sucios e crueis como unha rata, tamén matan para comer, mesmo poden chegar a matarse entre eles. E nós, lectores, ímonos dando conta tamén do duro paralelismo que se pode establecer entre o mundo das ratas, tan repugnante e distante, e o noso. Porque a novela non é máis ca unha enorme parábola anunciada xa no prólogo: " Non esquezas, querido lector, que cando describo a vida das ratas dun xeito tan natural e detallado, estou a pensar en ti " .

Xerais en Llibreria Forum Babel

  • Tarzán de goma
    Titulo del libro
    Tarzán de goma
    Kirkegaard, Ole Lund
    Xerais
    Tarzán de goma é a histoia dun rapaz máis ben pequerrecho, esfameado, sen grandes músculos e poida que tamp...
    No disponible

    12,95 €

  • Lombroso e os anarquistas
    Titulo del libro
    Lombroso e os anarquistas
    Mella, Ricardo
    Xerais
    En Madrid edítase, en 1984, o libro de César lombroso, Os anarquistas,  cheo de abundante desinformación sob...
    No disponible

    9,30 €

  • Silencio, parodia e subversión
    Titulo del libro
    Silencio, parodia e subversión
    González Millán, Xoán
    Xerais
    ¿Existe unha æ'literatura periférica''? ¿Referida a que? ¿Cómo se contempla a narrativa galega do noso te...
    No disponible

    11,70 €

  • Dicionario Xerais da Lingua (2004)
    Titulo del libro
    Dicionario Xerais da Lingua (2004)
    Carballeira Anllo, Xosé María;Ares Vázquez, Carme;Hermida Gulías, Carme;Iglesias Sierra, Primitivo;Lema Suárez, Xosé María;López Fernández, Rosa
    Xerais
    O Dicionario Xerais da Lingua, publicado en 1986, supuxo -dende as súas catro edicións e múltiples reimpresi...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    44,99 €

  • Vouvos papar
    Titulo del libro
    Vouvos papar
    Méndez Fernández, Luz;Tobaruela Martínez, Pere
    Xerais
    Vouvos papar de Luz Méndez e Pere Tobaruela é a historia de Tucho e Mucha, dous nenos que conectados polo cor...
    No disponible

    9,95 €