A viaxe de Baldassare

A viaxe de Baldassare

Editorial:
Xerais
EAN:
9788483025833
ISBN:
978-84-8302-583-3
Páginas:
456
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

26,80 €

IVA incluido

Ano 1666, o ano do Anticristo. Agoireiros e iluminados percorren os camiños para anunciar que a fin do mundo está cerca. Na Apocalipse dise que o número da Besta é o 666 e no ano 1666, é dicir MDCLXVI, xúntanse tódalas letras da numeroloxía latina, que é outra das condicións da profecía. Ademais, en tódalas confesións hai un libro en  que se profetiza o final dos tempos. Baldassare Embriaco, un comerciante de obxectos de arte e libros raros, descendente dunha vella familia xenovesa asentada no Líbano, vese envolto nesta voráxine  fatídica. Baldassare amósase escéptico, consonte as Sagradas Escrituras: «o home non saberá nin o día nin a hora da fin do mundo antes de que esta sobreveña». Non obstante, emprende unha longa viaxe na procura do libro maldito, O centésimo nome, que tivo entre as súas mans pero que deixou escapar. No Corán hai noventa e nove formas de chamar a Deus, pero había un centésimo nome, agachado, que, invocado serviría para gaña-los favores do ceo nestes momentos dramáticos en que se teme a fin do mundo. No seu periplo, durante o cal atravesará o  Mediterráneo ata chegar a Londres, Baldassare cruza países en situacións límite, vilas incendiadas, comunidades expectantes... Atoparase co medo, a violencia, o engano, a desilusión e o infortunio,  ó parecer relacionados coa presencia do libro buscado. Pero tamén achará co amor, sentimento que cría perdido para sempre.A viaxe de Baldassare, levada a cabo o ano 1666, que rematou sen que dese chegado  a fin do mundo, ten unha trama con múltiples elementos que fan dela unha novela moi actual: os temores milenaristas, os cabalistas que predín a fin dos tempos, o binomio da primacía racional fronte á emerxente tentación irracional... A novela de Maalouf é unha viaxe iniciática, de reaprendizaxe, na que abrollan os choques e as vías de comunicación entre as culturas do cercano oriente e dun occidente europeo que se prepara para debate-las ideas ilustradas.

Otros libros del autor en Llibreria Forum Babel

Xerais en Llibreria Forum Babel

  • Aire, auga, calor e enerxía
    Titulo del libro
    Aire, auga, calor e enerxía
    Taylor, Barbara / Hawkes, Nigel
    Xerais
    No disponible

    13,47 €

  • Os megatoxos e a cara oculta de Lúa
    Titulo del libro
    Os megatoxos e a cara oculta de Lúa
    Fariña, Anxo
    Xerais
    Os Megatoxos son catro mozos que teñen que compatibilizar as clases no  instituto, cunha dobre vida que os imp...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    15,95 €

  • A cidade do átomo
    Titulo del libro
    A cidade do átomo
    Nº 312
    Misa, Iria
    Xerais
    Tras a explosión no reactor 4 da planta nuclear de Chernóbil todo semella inerte na cidade do átomo. Desde a...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,95 €

  • Dez abellas na laranxeira
    Titulo del libro
    Dez abellas na laranxeira
    Aleixandre, Marilar
    Xerais
    Dez abellas zoan na laranxeira, nove olen o azar, oito asubían contos de amor, sete lamben o zume doce, seis v...
    No disponible

    7,50 €

  • 7).NOVA LINGUA GALEGA 1º.PRIMARIA XER
    Titulo del libro
    7).NOVA LINGUA GALEGA 1º.PRIMARIA XER
    Gómez Xurxo, Silvestre
    Xerais
    No disponible

    18,25 €