A viaxe de meu pai

A viaxe de meu pai. Notas e cartas desde a fronte de guerra (1937-1939)

Editorial:
Xerais
EAN:
9788411105019
Año de edición:
ISBN:
978-84-11-10501-9
Páginas:
512
Encuadernación:
RUSTICA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
145
Alto:
220
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
EDICIÓN LITERARIA - CRÓNICA - Lingua

22,95 €

IVA incluido
Comprar

Neste libro recóllense as experiencias e sensacións que deixou escritas o artilleiro Ceferino Pereira de la Fuente nos seus diarios de campaña e nas cartas enviadas á familia durante a Guerra Civil española, desde mediados do mes de abril de 1937 até xullo de 1939. Existen poucos diarios coma este que documenten a Guerra Civil desde a  perspectiva dun soldado na fronte durante un período de tempo tan longo e de xeito tan ininterrompido. Uns diarios nos cales non hai nada ficticio, xa que gozan da frescura e da valiosa inmediatez de seren achegados desde o mesmo momento en que sucederon os feitos. A través do seu testemuño puntual e verídico, convertémonos en espectadores da realidade da guerra, das emocións e condicións cotiás do combatente (que comían, como vivían, o que cobraban e gastaban, o aburrimento en ocasións, as vivencias cos compañeiros...), un aspecto ao que cada vez se lle presta máis atención. Doutra banda, o libro non  é só a transcrición concisa do diario, senón que tamén explica en que  condicións se escribiu e como se estrutura. Ademais, ofrece contextualización de interese sobre moitos dos aspectos máis escuros da guerra (os familiares, os compañeiros, os oficiais do exército e outros personaxes mencionados), así como sobre algunhas accións bélicas, os cambios nas frontes do conflito ou localizacións xeográficas... Este testemuño, todo un exercicio de memoria histórica,  contribúe ao coñecemento de aspectos escasamente investigados sobre a  Guerra Civil española.

Otros libros del autor en Llibreria Forum Babel

Xerais en Llibreria Forum Babel

  • Catro cartas
    Titulo del libro
    Catro cartas
    Docampo, Xabier P.
    Xerais
    Enfiadas nas súas vivencias, estas cartas son mensaxes de amor arredor  da lectura. Cinco pretextos para compa...
    No disponible
  • A neve do tempo
    Titulo del libro
    A neve do tempo
    Pascual, Alberto;Ocaña Martínez, José Antonio
    Xerais
    O escritor e poeta ourensán Alberto Pascual Carballo e José Antonio Ocaña Martínez, recoñecido pintor e es...
    No disponible

    24,00 €

  • Sonora
    Titulo del libro
    Sonora
    Pato, Chus
    Xerais
    «Sonora» é unha conversa entre o poema e a morte. Sonoro é o ollo do lago: algo cae e produce nove acordes,...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,50 €

  • ROSALIA FEMINISTA
    Titulo del libro
    ROSALIA FEMINISTA
    De Castro, Rosalia
    Xerais
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    14,50 €

  • Vía secundaria
    Titulo del libro
    Vía secundaria
    Alfaya, An
    Xerais
    Na vía secundaria que conduce ao polígono industrial prodúcese un atropelo nun día de choiva. Ese desafortu...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    20,50 €