A visión do amor no cancioneiro de Don Denis
 IBD

A visión do amor no cancioneiro de Don Denis

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484873006
Año de edición:
Materia
LITERATURA
ISBN:
978-84-8487-300-6
Páginas:
286
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
ENSAIO

A visión do amor
no cancioneiro de Don Denis
Estudo e edición de  33 cantigas de amor.

Este libro parte dun corpus textual constituído por trinta e tres cantigas
de amor do rei e trobador portugués Don Denis (1261-1325), nas cales
aparece recollido de modo explícito o motivo da visión da dama, tópico
xa presente na literatura desde a Antigüidade Clásica. A través dos textos
trázase  unha análise desde a perspectiva da visión e do amor trobadoresco,
unha panorámica do sentimento amoroso experimentado pola voz
poética masculina, cuxa xénese vén dada precisamente pola contemplación
da senhor. Este estudo vai acompañado do comentario retórico e
literario de cada unha das trinta e tres composicións, así como da súa
fi xación textual, realizada seguindo as tendencias  'neo-lachmanianas' e
outras achegas actuais e signifi cativas da  crítica textual.
O cancioneiro de Don Denis, composto por cento trinta e sete cantigas,
fai del o trobador máis prolífi co da nosa poesía medieval, mais este
destaca tamén cualitativamente, debido á  unión nas súas composicións
da tradición poética previa con elementos innovadores, así como polo
diálogo que estabelece con outras escolas, nomeadamente a provenzal.
O presente estudo pretende pór de relevo a singularidade da produción
lírica de Don Denis dentro da homoxeneidade formal que caracteriza
a nosa poesía medieval, ponderando, de por parte, o seu papel como
o último grande monarca da escola trobadoresca galego-portuguesa, feito
que redundará no (re)coñecemento, recuperación e valoración do noso
glorioso patrimonio cultural e literario

Otros libros del autor en Llibreria Forum Babel

Materia en Llibreria Forum Babel

Laiovento (ibd) en Llibreria Forum Babel

  • AS IRMADADES DA FALA (1916-1931).
     IBD
    Titulo del libro
    AS IRMADADES DA FALA (1916-1931).
    Uxío-Breogán Diéguez Cequiel
    Laiovento (ibd)
    Nos inicios do pasado século XX tecíanse relacións fecundas entre osmáis relevantes valores da Galiza. Rela...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    19,20 €

  • ACTA DE VÍTIMAS
     IBD
    Titulo del libro
    ACTA DE VÍTIMAS
    Victorino Gutiérrez Aller
    Laiovento (ibd)
    Lalín, outono do 1946. O avogado Román Ulloa recibe o encargo deconvencer aos descendentes dunha familia fida...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    17,50 €

  • CARTAS PERSAS
     IBD
    Titulo del libro
    CARTAS PERSAS
    MONTESQUIEU
    Laiovento (ibd)
    A publicación das Cartas persas, en 1721, en Amsterdam, de forma anónima, confírelle ao autor unha celebrida...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    19,90 €

  • A LOLA
     IBD
    Titulo del libro
    A LOLA
    Manuel Ayán
    Laiovento (ibd)
    A Lola son todas as mulleres que sobreviviron aos seus maridos, arrebatados polo terror franquista.O relato xog...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    10,00 €

  • Triptico ártabro
     IBD
    Titulo del libro
    Triptico ártabro
    Nº 14
    Penas, Ánxeles
    Laiovento (ibd)
    O libro Tríptico ártabro, de Ánxeles Penas, resulta paradigmático do seu mundo poético. Tanto na súa escr...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    10,00 €