As escumas da letra

As escumas da letra. Biobibliografía de Luísa Villalta

Editorial:
Baia
EAN:
9788499954431
Año de edición:
Materia
ENSAYOS
ISBN:
978-84-9995-443-1
Páginas:
164
Encuadernación:
RUSTICA
Idioma:
GALEGO
Ancho:
150
Alto:
220
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
Baía Ensaio

A teor do subtítulo do libro, na biografía, con sólidas raíces na cidade da Coruña e na súa prolongación atlántica, pódese percibir a evolución da escritora, a configuración da personalidade xunto coa forxa do compromiso social e político, nun vencello particular coa lingua e a literatura, mais tamén co ensino público e sempre con Galiza. Nunha liña de coherencia absoluta entre vida e obra, o volume componse de dúas partes, pois os aspectos biográficos compleméntanse co estudo da extensa obra literaria. Segundo unha cita textual da autora Esperanza Mariño, o feito de ser Luísa Villalta unha escritora polifacética que desenvolveu os catro xéneros literarios -poesía, narrativa, teatro e ensaio- xunto coa tradución e o xornalismo sendo, ademais, prolífica, con certeza constitúe algo pouco habitual no mundo literario. Cómpre salientar unha faceta minimizada, como a do exercicio da crítica literaria que, a pesar de ter sido menos practicada, nela demostrou unha agudeza e precisión pouco usuais. Sen esquecer tampouco a cooperación na elaboración de manuais didácticos para o ensino secundario. As editoriais nas que publicou foron moi diversas, pero sempre se caracterizaron polo compromiso coa lingua e cultura galegas. Relacionado co anterior, estivo pronta a colaborar en publicacións periódicas ou volumes colectivos e mesmo en revistas en liña. En conclusión, o estudo pormenorizado e global garante unha imaxe fidedigna e completa de Luísa Villalta, como ser humano e como artista, do mesmo xeito que corrobora a súa importancia para a lingua e literatura galegas e, por extensión, para a cultura, alicerzada na escolla para o Día das Letras de 2024.

Otros libros del autor en Llibreria Forum Babel

Materia en Llibreria Forum Babel

Baia en Llibreria Forum Babel

  • AS FAUCES FEROCES
    Titulo del libro
    AS FAUCES FEROCES
    Nº 38
    Pedreira Lombardia, Emma
    Baia
    Todo é cuestión de posicións. E de preposicións. Ela escribe contra a súa nai, entre a culpa e a vitimizac...
    No disponible
  • 20.000 leguas baixo dos mares
    Titulo del libro
    20.000 leguas baixo dos mares
    Verne, Jules
    Baia
    Mortos de frío e case sen folgos, Pierre Aronnax, Conseil e Ned Landd atópanse na auga a lombos dun monstro. ...
    No disponible

    13,50 €

  • Árbores
    Titulo del libro
    Árbores
    Niño Ricoi, Henrique
    Baia
    No disponible
  • A casa redonda
    Titulo del libro
    A casa redonda
    Nº 2
    Carballeira, Paula
    Baia
    Baía Edicións saca ao mercado unha nova colección de contos para nenos  e nenas de educación infantil, a co...
    No disponible
  • Guía das libelulas de Galicia
    Titulo del libro
    Guía das libelulas de Galicia
    Fernandez, Miguel Angel
    Baia
    Esta guía trata sobre un grupo de insectos que reciben en Galicia as denominacións de tizóns do demo, cabalo...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    38,20 €