Casa Skylab

Casa Skylab

Editorial:
Xerais
EAN:
9788497820455
Año de edición:
Materia
LITERATURA CLASICA
ISBN:
978-84-9782-045-5
Páginas:
192
Encuadernación:
TAPA BLANDA O BOLSILLO
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
300
Disponibilidad:
No disponible
Colección:
NARRATIVA

18,95 €

IVA incluido

Daniel Rodríguez Patapao, cacique de Negueira de Rodríguez e propietario de Casa Ataúlfo, enfróntase a unha grupo de hippies que se  instalan unha comuna exenta de colorantes e conservantes e comparten espacio vital con Antón Duracel, un babiolo que atopa o sentido da súa  existencia cando se viste de coello para anunciar unha marca de pilas. Sobre todos eles sobrevoa o Skylab, unha estación espacial norteamericana que quizais estea buscando as gafas de Castelao, os xamóns que multiplicou Ramón Otero Pedrayo ou o sombreiro que vestiu a  cabeza de Beiras custodiados no pub "Sempre en Galiza", unha especie de parque temático do nacionalismo que rexentan dous siameses que soñan con iniciar a loita de liberación nacional. Por alí pasa, tamén,  o carteiro Pablo Neruda a contar o seu conto e chegan visitantes non desexados como o subcomisario Alberte Sanxil. "Casa Skylab", a obra gañadora do Premio Xerais 2003, é a terceira novela de Jaureguizar na que intervén este curioso investigador que nada investiga, despois das  súas aparicións anteriores en "Comendo espaguetis diante da televisión" e "As horas sucias". "Casa Skylab" de Jaureguizar é unha intensa novela, enchida de humor corrosivo, atravesada por unha trama criminal adobiada de mortes que aparecen e desaparecen ante o lector, como se a realidade fose un xogo  de aparencias. Unha novela escrita dende unha visión irónica e sarcástica da realidade galega, presidida por un espírito iconoclasta,  que o xurado de lectores do Premio Xerais 2003 definiu como "unha interpretación mordaz e paródica do galeguismo". O xurado que lle outorgou o Xerais 2003, tamén, sinalou da obra que "partindo da súa modernidade conceptual, da súa estructura singular e polifónica, e do seu estilo rápido e tempo profundo, conecta con esa novelística galega que con Cunqueiro se enche de maxia e defuntos". Unha excelente novela chamada a renovar a narrativa galega da nova década.

Otros libros del autor en Llibreria Forum Babel

  • Fridom spik
    Titulo del libro
    Fridom spik
    Jaureguizar Ortiz de Zárate, Santiago
    Xerais
    "Fridom Spik" é un libro que soa como a guitarra de Kurt Cobain nun concerto de Pavarottis afónicos. Impresci...
    No disponible

    6,85 €

  • La força d'un batec
    Titulo del libro
    La força d'un batec
    Cinta Barbera, Maria / Bosch De Jaureguizar, Esteve
    La magrana
    Quan tot semblava haver-se posat a lloc per última vegada, la vida la va enfrontar a una última prova: un cá...
    No disponible

    17,00 €

  • Prácticas de Psicología del desarrollo
    Titulo del libro
    Prácticas de Psicología del desarrollo
    Jaureguizar Alboniga-Mayor, Joana
    Piramide
    Dada la actual configuración de los grados en la que el peso de los créditos prácticos es cada vez más impo...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    18,50 €

  • PLACEBO
    Titulo del libro
    PLACEBO
    JAUREGUIZAR
    Xerais
    Roi sobreviviu a un accidente horrible. A memoria quedoulle sepultada nun aeroporto de París. De regreso a Gal...
    No disponible
  • O contador de estrelas
    Titulo del libro
    O contador de estrelas
    Jaureguizar
    Oqueleo
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    13,35 €

Materia en Llibreria Forum Babel

  • La iguana
    Titulo del libro
    La iguana
    Vázquez-Figueroa, Alberto
    Debolsillo
    No disponible

    5,86 €

  • La tesis de Nancy
    Titulo del libro
    La tesis de Nancy
    Sender, Ramón J.
    Casals,editorial s.a.
    La tesis de Nancy es una crítica mirada a la España de su tiempo que Ramón J. Sender hace a través de los o...
    No disponible

    10,70 €

  • El desconocido
    Titulo del libro
    El desconocido
    Kurtz, Carmen
    Booket
    No disponible

    5,95 €

  • Odisea
    Titulo del libro
    Odisea
    Homero
    Mestas ediciones
    Regreso del padre a la casa después de un largo viaje (Ilíada) para reunirse con su familia y vengarse de los...
    No disponible

    7,95 €

  • Crimen y castigo, 2
    Titulo del libro
    Crimen y castigo, 2
    Dostoyevski, Fiódor
    Alianza
    Auténtica parábola de transgresión y expiación, CRIMEN Y CASTIGO (1866) es seguramente la obra más lograda...
    No disponible

    11,50 €

Xerais en Llibreria Forum Babel