CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO ZERNADAS
 IBD

CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO ZERNADAS

Editorial:
Laiovento (ibd)
EAN:
9788484873655
Materia
ENSAYOS
ISBN:
978-84-8487-365-5
Páginas:
204
Idioma:
GALEGO
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)
Colección:
ENSAIO

CINCUENTA DÉCIMAS CONTRA DON DIEGO ZERNADAS.
Edición e estudo dun novo texto en galego do século XVIII.

Neste libro dáse a coñecer a edición e estudo dun manuscrito inédito escrito en galego, que se encadra dentro do período da historia do galego coñecido como dos Séculos Escuros.
Trátase dunha longa carta en verso de arredor  de 1770, sen asinar e sen datar que contén o que titulamos Cincuenta décimas contra don Diego Zernadas, o coñecido CURA DE FRUÍME.
A escaseza de textos en galego do século XVIII acrecentan a valía destas  Cincuenta décimas satíricas e obrigan a matizar afirmacións sobre o anecdótico uso do galego escrito nesta altura. Á vista delas, semella máis ben que neste tempo existe unha escrita en galego, ben que moitos  deses textos non chegan a se imprimir. De aí a importancia da publicación deste manuscrito.
Pero as Cincuenta décimas non só son importantes pola súa datación nun tempo de escasa ou nula produción escrita, senón tamén polo tamaño do texto: son 500 versos, o texto máis longo dese tempo despois das Coplas do Padre Sarmiento.
E á importancia da datación e da extensión do manuscrito, aínda se lle poden engadir outros aspectos máis: non só está redactado totalmente en galego (fronte a outros textos da época que poden presentar anacos en castelán), senón que as décimas presentan calidade lingüística (emprégase un rexistro lingüístico culto; outros textos da época son textos populares, que imitan o falar do pobo) e teñen calidade literaria (trátase dun autor "cabaleiro" culto que sabe versificar, que coñece a Arte literaria).
Co fin de achegar as décimas a varios  tipos de destinatarios, tanto a investigadores como a lectores medios..., o libro inclúe dúas edicións das décimas: 1) unha case paleográfica e 2) outra coas actualizacións gráficas imprescindibles e  con abondosas notas que axudan na comprensión do texto. Ademais, o libro ofrece tamén capítulos á parte de comentarios e conxecturas sobre a datación e autoría do texto e un completo e rigoroso estudo lingüístico (gráfico, gramatical e léxico).
A súa extensión, a súa datación, a redacción íntegra en galego, e ademais, nun rexistro lingüístico coidado, todo iso converte as Cincuenta décimas nun texto de referencia obrigada na Historia da lingua e literatura galegas.

Otros libros del autor en Llibreria Forum Babel

Materia en Llibreria Forum Babel

Laiovento (ibd) en Llibreria Forum Babel

  • Pandrama
     IBD
    Titulo del libro
    Pandrama
    Afonso Becerra de Becerrea
    Laiovento (ibd)
    Máis ca nunca, ou nin máis nin menos ca nunca, estamos na era do pandrama.O pandrama é totalizador. O prefix...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    9,99 €

  • O reiciño de Galiza
     IBD
    Titulo del libro
    O reiciño de Galiza
    Nº 15
    Hugo, Victor
    Laiovento (ibd)
    Congratúlase Laiovento en publicar na colección VentoaLto unha nova edición de O reiciño de Galiza, de Vict...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,96 €

  • Entre a memoria e o esquecemento
     IBD
    Titulo del libro
    Entre a memoria e o esquecemento
    Nº 485
    Acevedo López, Guiomar
    Laiovento (ibd)
    Subtítulo: Unha visión do pasado español dendeo exilio republicano  en MéxicoA autora, especializada en est...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,96 €

  • TRES OBRAS TEATRAIS
     IBD
    Titulo del libro
    TRES OBRAS TEATRAIS
    Andrés Pociña
    Laiovento (ibd)
    Medea en Camariñas /Unha tardiña en Mitilene /Antígona ante os xuíces.-------------------------------------...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    14,00 €

  • Soños no limiar
     IBD
    Titulo del libro
    Soños no limiar
    Nº 2
    Mernissi, Fatema / Viéitez Ferro, Rocío
    Laiovento (ibd)
    Candemaia xorde da necesidade de que as candeas e estrelas que lle dan  nome acheguen luz a unhas vidas que un ...
    DISPONIBLE (Entrega en 8-10 días)

    19,95 €