Confusión e morte de María Balteira

Confusión e morte de María Balteira

Editorial:
Baia
EAN:
9788492630585
Año de edición:
ISBN:
978-84-92630-58-5
Páginas:
144
Idioma:
GALEGO
Ancho:
200
Alto:
200
Disponibilidad:
DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)
Colección:
SIN COLECCION

13,80 €

IVA incluido
Comprar

Non sorprende que o libro Confusión e morte de María Balteira teña acadado unha cuarta edición [...]. Porque é un libro de relatos dun alto nivel literario. Dicir iso non sería máis que loanza baleira, a non ser pola verdade que conteñen estas palabras, desde a calidade e riqueza da lingua galega na que están escritos até as moitas facetas que ofrecen con respecto ao contexto galego, da perspectiva feminina, das tramas tanto orixinais como arquetípicas. Pensamos que o estilo da autora, Marica Campo, vai levado por un ritmo  de auga e natureza, ritmo creado pola relación variada e insistentemente contigua que hai na súa narrativa entre a muller, o mundo vexetal e animal. O espazo habitado polas mulleres e os homes que coñecen é tamén un mundo partillado polas ánimas. A miúdo a voz narrativa avanza case bailando a través das descricións, un ritmo poético que semella vir dun fluír do inconsciente, dunha psicoloxía rescatada das lembranzas dun pasado, ás veces vivido e gozado e outras  veces case totalmente esquecido [...]. O público lector en galego sabe que o pasado remoto da terra non carece de incidencia na realidade actual, aínda que mans e voces alleas (tamén algunhas galegas) teñan contribuído a unha conceptualización pintoresca dunha Galiza máxica. Por tanto, a maxia -desde esta perspectiva do papel que  contribúe á fundación dunha identidade cultural- é máis que unha ollada que se defina como sensíble ao irracional. O mundo encantado e imaxinado non presenta dificultades de interpretación: a maxia é quen de suxerirnos moitas cousas, todas feiticeiras ou atraentes, esenciais  para comprendermos o que é a nación galega [...]. Kathleen March

Otros libros del autor en Llibreria Forum Babel

Baia en Llibreria Forum Babel

  • Rodribico e o mar
    Titulo del libro
    Rodribico e o mar
    Nº 2
    Guisande, Manuel
    Baia
    Rodribico é un paxariño ao que lle encanta estar forte e vivir todo tipo de aventuras. Rodribico habita nunha...
    No disponible
  • Drácula
    Titulo del libro
    Drácula
    AA.VV
    Baia
    O mozo pasante de notario, Jonathan Harker, marcha a Transilvania para  finalizar a venda dunha mansión en Lon...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    16,55 €

  • Guía fentos de Galicia
    Titulo del libro
    Guía fentos de Galicia
    Niño Ricoi, Henrique
    Baia
    A Guía dos fentos de Galicia recolle as 71 especies citadas en Galicia. Ilustrada a toda cor por Calros Silvar...
    No disponible
  • A MEIGA CHUCHONA
    Titulo del libro
    A MEIGA CHUCHONA
    Paz Limia, Jacobo / Tomás, Xosé
    Baia
    Teño medo na casa da avoa, alguén fai uns ruídos arrepiantes pola noite.. Quen será? Que busca? ...
    DISPONIBLE (Entrega en 1-2 días)

    12,05 €

  • A BANDA DE RAIMUNDA
    Titulo del libro
    A BANDA DE RAIMUNDA
    Nogueira, Pablo;Uhía, Manuel
    Baia
    A ra Raimunda ten a ilusión de formar un grupo de rock. Gústalle tocar  a guitarra e cantar cancións que mov...
    DISPONIBLE (Entrega en 3-4 dias)

    13,52 €